lunes, 26 de octubre de 2015

PREPARANDO O SAMAÍN

COMO XA SABEDES, ANDAMOS CO SAMAÍN A VOLTAS..., E PARA PREPARAR O NOSO MORCEGO APROVEITAMOS AS FOLLAS DE XORNAL PARA FACER UN PEQUENO PERO INTERESANTE TRABALLO:

                                      

Primeiro pintamos as siluetas con esponxas...




 E mentres secaban..., outro día preparamos o recheo:

Cada un descubre cousas na súa folla (letras do seu nome, fotos e/ou lugares coñecidos,...)

Ata hai quen mide a altura da mesa coa folla!!!


E por fin, arrugamos o papel ...

...para facer unha chuvia de bolas!!!!

 E así, coma se fose unha empanada, botamos o recheo e a coser con grapas!!!


No hay comentarios: