HOXE 15 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS QUEREMOS AGRADECER A TODAS AS NOSAS FAMILIAS O ESFORZO E A COLABORACIÓN. SABEMOS QUE NOS ATOPAMOS NUNHA COMPLICADA SITUACIÓN NA QUE TODOS DEBEMOS AUNAR MOITA DEDICACIÓN E TRABALLO, ASÍ QUE SOMOS CONSCIENTES DE QUE OS NOSOS ESFORZOS NON TERÍAN RESULTADOS SEN A VOSA COLABORACIÓN. DISFRUTADE DO VOSO DÍA, ESPERAMOS VERNOS PRONTO.
A todos os nenos lle gustan os puzzles. ¿Por qué non facer puzzles coas fotos das nosas familias e despois poder xogar con eles? A partir desta idea, decidimos fotocopia, cortar, plastificar e finalmente montar.
Unha familia está formada por persoas que viven xuntas , se queren e se cuidan.
Para celebrar o día da familia pensamos entre todos que o mellor sería saber como son as nosas familias.
Cada neno foi enseñando os seus compañeiros a foto da sua familia e contou como se chamaban e quen era cada un deles.
Ademais de explicar que era o que máis lle gustaba facer en familia: -xogar con papá -preparar unha pizza con mamá -ir a praia todos xuntos... Cando terminaron a presentación , xogamos a formar familias e escenificaron situacións normais : Comer xuntos, levar os nenos o colexio, ver unha peli, ir a compra...
Non só o pasamos ben senón que ademáis preparamos unha tarxeta para levar a casa como regalo , fixemos o dibuxo da nosa familia e aprendemos que existen moitos tipos de familias diferentes vendo este vídeo.