Para non esquecernos durante as vacacións do Sistema Solar, imos xogar con este educativo LIM
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: O SISTEMA SOLAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: O SISTEMA SOLAR. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de abril de 2015
viernes, 20 de marzo de 2015
ECLIPSE SOLAR
Xa sabemos moitas cousas do sol e da lúa pero ¿qué é unha eclipse solar?
Hoxe na prensa estivemos a ler a noticia de que Galicia será o mellor lugar da Península para observar a eclipse e temos que usar gafas homologadas para evitar o daño ocular.
Gustóunos moito aprender outra cousa máis, por eso aquí vos queda este vÍdeo que o explica moi ben todo.
viernes, 13 de marzo de 2015
CHEGADA DO HOME Á LÚA E O ESPACIO
Dende fai algunhas décadas homes e mulleres traballlan para conquistar o espacio, investigar e descubrir cousas novas do Sistema Solar.
Aquí vai un exemplo dos primeiros pasos na chegada dos astronautas á lúa.
ASTRONAUTAS EN CABANAS
domingo, 22 de febrero de 2015
ADIVIÑO E ORDENO OS PLANETAS
Agora que xa sabemos cantos son os planetas e cómo se chaman, tamén podemos xogar a ORDENALOS E ADIVIÑALOS.
Que divertido!!!
Clicar aquí
Clicar en adiviño planetas
MAIS COUSIÑAS DO SISTEMA SOLAR
Xa sabedes que estamos aprendendo algunhas cousiñas do sistema solar. A través de contos, libros, vídeos... sabemos que son 8 planetas que xiran arredor do sol, e que éste permanece quieto mentras os planetas se moven.
Tamén sabemos xa os nomes dos planetas e algunhas características:
que a Terra é o terceiro planeta, que Mercurio é o que máis cerca está do sol e é o máis pequeno ou que Xúpiter é o máis grande...
Quen é Galileo e que fixo co seu telescopio.
Quen é Galileo e que fixo co seu telescopio.
Seguiremos aprendendo.
viernes, 13 de febrero de 2015
ZAMBA VAI DE EXCURSIÓN AO SISTEMA SOLAR
Esta semana coñecemos a Zamba.Un neno moi simpático e curioso que coma nós quere saber como é o sistema solar.
sábado, 7 de febrero de 2015
TRABALLAMOS O SISTEMA SOLAR
Os maiores de infantil xa rematamos o proxecto dos camelos. Así que metémonos a explorar o fabuloso e impresionante SISTEMA SOLAR.
Aquí podedes ver o recuncho que adicamos na aula ó tema.
Primeiro estivemos traballando sobre que saben os nenos e nenas acerca do tema, e a continuación estivemos facendo uns pequenos murais cos 8 planetas que xiran arredor do sol.
Quedaron moi chulos, traballaron un montón.
jueves, 29 de enero de 2015
O SISTEMA SOLAR
Coa chegada do 2º trimestree os nenos de 5 anos queren saber cousiñas dos camelos.
Mentras tanto os peques de 3 e 4 andamos interesados polo espacio e o sistema solar.
Todo xurdiu a partir da lectura dun conto no que se falaba das estrelas.
Pouco a pouco e gracias a todo o que os nenos están traendo á escola e aportando aos rincóns conseguiremos saber moitísimas cousas do sistema solar.
Pronto os nenos máis grandes tamén se incorporarán e nos axudarán a enriquecer o noso traballo.
Mirade que cousas tan bonitas temos xa elaboradas por nenos e pais.
Seguide así e animádevos os que non o fixestes aínda.
Moitas grazas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)