Na festa do Entroido pasámolo moi ben. Preparámonos no cole, actuamos na Casa Verde e voltamos ao cole para queimar a Cabanón, despois de recitarlle unhas coplas feitas por todos.
O verán está a piques de chegar, aínda que o tempo non acompaña. Para recibilo con forzas, decidimos facer unha festa con froitas do verán (fresas, melón e sandía). O melón e a sandía xa os prepararon as profes, pero as fresas tiveron que preparalas os propios nenos e nenas.
Ao chegar á clase deixamos as fresas nunha gaveta e todos puxémonos mans á obra.
A profe explicounos os pasos para preparar as fresas. O primeiro, e moi importante, foi lavar e secar as fresas:
A continuación, tivemos que quitarlle a parte verde da fresa:
O terceiro paso foi cortar as fresas:
E, por último, fixemos as brochetas e... a comer!!! Isto sí que é traballo en cadena.