O verán está a piques de chegar, aínda que o tempo non acompaña. Para recibilo con forzas, decidimos facer unha festa con froitas do verán (fresas, melón e sandía). O melón e a sandía xa os prepararon as profes, pero as fresas tiveron que preparalas os propios nenos e nenas.
Ao chegar á clase deixamos as fresas nunha gaveta e todos puxémonos mans á obra.
A profe explicounos os pasos para preparar as fresas. O primeiro, e moi importante, foi lavar e secar as fresas:
A continuación, tivemos que quitarlle a parte verde da fresa:
O terceiro paso foi cortar as fresas:
E, por último, fixemos as brochetas e... a comer!!! Isto sí que é traballo en cadena.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario