Mostrando entradas con la etiqueta INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INFANTIL. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de noviembre de 2013

OS TRES PORQUIÑOS

As mochilas viaxeiras están xa circulando polas casas dos nenos dende fai uns días.
Na clase de tres anos Nico e a súa familia decidiron despois de ler o conto dos tres porquiños facer esta bonita manualidade.
Moitísimas grazas


lunes, 18 de febrero de 2013

A QUE SABE O INVERNO

O inverno tamén ten sabor. Ten o sabor de todos aqueles alimentos que medran durante a época invernal. Con tal motivo, decidimos organizar a festa das froitas de inverno.
Grazas ás froitas que cada un trouxemos poidemos probar diferentes zumes: Primeiro probamos o de limón, e xa veredes que caras. O segundo foi o de pomelo, que nos gustou un pouquiño mais. E o último foi o de laranxa que nos soubo xenial.
Tamén probamos piruletas de kiwi e diamantes de mandarina. Fixemos unha verdadeira cata de froitas. Toda unha exquisitez.

UN MERCADO NO COLE

A nosa profe foi ao mercado moi cediño e chegou á clase cargadiña cunha cesta chea de verduras (repolo, lombarda, coliflor, apio, alcachofa, acelgas, escarola...) e froitas do inverno (laranxa, mandarina, limón, pomelo, kiwi...).

Contounos como se chaman, como as podemos comer e deixounos tocalas e cheiralas un poquiño. Ay!! Non sabedes a famiña que nos entrou.

AS FROITAS DO INVERNO

Levamos tempo investigando, grazas aos materiais que trouxemos de casa, sobre qué froitas podemos tomar no inverno. Ocurríusenos debuxalas e facer con elas un mural. A ver que vos parece!

A QUE CHEIRA O INVERNO?

O inverno ten un olor especial. Nós tentamos descubrilo a través dun xogo onde tiñamos que adiviñar cos ollos tapados o que estabamos a cheirar.

Así descubrimos que hai plantas aromáticas que crecen no inverno coma o romero ou o tomillo. E, aínda que non as soubemos identificar, as nosas respostas foron moi curiosas: limón, flor, hierba, licor...


UNHA CAIXA CON SORPRESA

O inverno é unha estación do ano que podemos percibir cos todos os nosos sentidos (vista, tacto, olfato, gusto e oído). Para percibir o inverno a través do tacto, ocurríusenos esta actividade:

Un día apareceu na clase una caixa tapada cunha toalla, adiviñades o que contiña?

 

CHEGOU O INVERNO!!!

O 21 de decembro comezou unha nova estación: o inverno, e con el, unha morea de cousas que podemos aprender. Ahí vai un video sobre a chegada do inverno e que lles encanta aos nenos e nenas.