lunes, 18 de febrero de 2013

A QUE SABE O INVERNO

O inverno tamén ten sabor. Ten o sabor de todos aqueles alimentos que medran durante a época invernal. Con tal motivo, decidimos organizar a festa das froitas de inverno.
Grazas ás froitas que cada un trouxemos poidemos probar diferentes zumes: Primeiro probamos o de limón, e xa veredes que caras. O segundo foi o de pomelo, que nos gustou un pouquiño mais. E o último foi o de laranxa que nos soubo xenial.
Tamén probamos piruletas de kiwi e diamantes de mandarina. Fixemos unha verdadeira cata de froitas. Toda unha exquisitez.

No hay comentarios: