Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: OS KOALAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: OS KOALAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de marzo de 2016

O KOALA DE NICO

Moitas grazas a Nico e a súa familia por compartir con todos  o seu traballo dos Koalas.



BUSCANDO EUCALIPTOS

Qué comen os Koalas?  Follas de eucalipto.
O xoves cando Markel chegou ó cole contounos que acababa de ver eucaliptos, e por eso decidimos saír a buscar.
Non fixo falta saír do recinto porque estaban ben cerca de nós, e fíxonos moita ilusión atopalos.




domingo, 21 de febrero de 2016

FACEMOS UN KOALA

Quixemos facer un Koala e por eso decidimos mandar á casa unha nota.



Cando conseguimos o tubo, fixemos a mezcla de negro e branco para conseguir o gris e despois recortar a cara e pegala.
Este é o resultado:



jueves, 11 de febrero de 2016

MEDIMOS E PESAMOS

Despois de saber como é un Koala e coñecer o seu peso e altura, quixemos saber tamén canto pesamos e medimos nós para despois comparar co peso e altura dun Koala .
Para eso tivemos que falar primeiro cómo íamos facer e que necesitábamos.
Finalmente e despois dunha larga conversa decidimos que sería necesario ter unha báscula e un metro.
Posteriormente  o que fixemos foi pesarnos e medirnos e ir apuntando os datos nun mural no que estaba a noso foto.
Cando rematamos a recollida de datos observamos cales eran os nenos que pesaban máis, menos ou igual cun Koala.





                       
 

                           

Estes foron os resultados.

Pero aínda imos seguir traballando cos datos para saber que nenos pesan igual e cantos pesan máis ou menos.





domingo, 31 de enero de 2016

COMO SON E QUE COMEN OS KOALAS

Pouco a pouco imos aprendendo máis cousas dos Koalas grazas o traballo dos equipos.
Cada equipo ten asignada unha pregunta: como son, que comen , onde viven como nacen e as curiosidades.
O equipo soldados imperiales e avións xa están a traballar no tema e despois de buscar e investigar expuxeron o aprendido o resto dos nenos.








jueves, 21 de enero de 2016

A CARTA DE PATAQUIÑA

O Martes pasado Pataquiña invitounos a visitar a Biblioteca,






e o chegar alí, atopamos unha carta na que nos decía que lle gustaba moito coñecer lugares do mundo e tamén animais.

Dí que un dos que máis lle gustan son os Koalas e por eso quere que traiamos da casa calquera información que se relacione con ese animal.
Xa sabemos algunhas cousas pero gustaríanos saber moitas máis.