Despois de saber como é un Koala e coñecer o seu peso e altura, quixemos saber tamén canto pesamos e medimos nós para despois comparar co peso e altura dun Koala .
Para eso tivemos que falar primeiro cómo íamos facer e que necesitábamos.
Finalmente e despois dunha larga conversa decidimos que sería necesario ter unha báscula e un metro.
Posteriormente o que fixemos foi pesarnos e medirnos e ir apuntando os datos nun mural no que estaba a noso foto.
Cando rematamos a recollida de datos observamos cales eran os nenos que pesaban máis, menos ou igual cun Koala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario