Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de abril de 2015

VISITAMOS A POLICÍA LOCAL

Os nenos e nenas de 5 anos fomos de visita á Policía Local. Richar foi o policía que nos ensinou as instalacións, os vehículos, a roupa e os obxectos que levan os policías para AXUDAR  a todas as persoas que en algún momento o precisan.
Tamén puidemos observar dende as pantallas de tráfico as rúas da cidade de Pontevedra, déronnos un consello para os papis e mamis:..."atención papis e mamis tedes que conducir con precaución, e non cometer ningunha imprudencia porque dende as cámaras vixían todo todo..."



jueves, 13 de noviembre de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

Estivemos de visita na Biblioteca municipal os cursos de 4 e 5 anos. Rocío a monitora estivo ensinándonos os diferentes apartados de: libros, películas, música e xogos que hai na biblioteca. Contounos un conto moi simpático dun gato comilón e invitounos a facernos socios da mesma porque..... sabedes qué? temos dúas semanas para poder disfrutar dun libro, peli, xogo na nosa casa.



jueves, 6 de febrero de 2014

O MAGO IVÁN

Fai poucos días tivemos a visita do gran mago Ivan, un neno de 5 anos, que nos impresionou coa sua maxia. Se queredes facer algún dos seus trucos podedes ir aquí