Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de diciembre de 2014

LA VOZ DE LA ESCUELA

Os mércores chega o cole LA VOZ DE GALICIA e con el un suplemento LA VOZ DE LA ESCUELA .
Os nenos de 3 anos seguimos traballando co xornal y esta vez atopamos unha noticia que nos dou moito que falar: O banco de alimentos.



Ademais neste xornal viña un artigo moi interesante para as mamás e os papás. Fala da importancia de ler o xornal nas casa e fai algunhas  recomendacións.


                                              

domingo, 16 de febrero de 2014

NOTICIA DEPORTIVA

O Venres, repasando os  periódicos da semana atopamos unha noticia "curiosa ".
O irmá da profe Mª José saía no periódico. Que ben!!!
Os nenos ó vela preguntaron: profe, escribimos esta noticia?
E así o fixeron.
O deporte é importantísimo para sentirse ben e para fortalecernos tanto física como mentalmente.
O piragüismo non é un deporte de masas,  pero os  nenos quixeron darlle o protagonismo que se merece.
Moito ánimo a tódolos deportistase e  un saúdo especial para Álvaro. (Premer aquí)







 ESPERAMOS QUE CONSIGAS OS TEUS OBXECTIVOS !!!

miércoles, 2 de octubre de 2013

AS NOTICIAS


Fai tempo que queríamos traballar coa prensa pero non nos era fácil porque había que compartir a prensa coas outras clases.
Gracias a colaboración de alguns papás que se comprometeron a traer todos os días o periódico, aínda que son atrasados, podemos traballar na aula cousas tan importantes como son a data, as seccións, o nome , que é un pé de foto ... e ademais estar informados do que pasa o noso arredor.
Unha das noticias que hoxe  quixemos comentar foi a seguinte:
"A policia detivo un señor queimando bosques"








viernes, 5 de abril de 2013

OS PEQUES DO COLE NO DIARIO DE PONTEVEDRA



DANDO OS PRIMEIROS PASOS...

                                          ... CARA Á FAMA!!!

lunes, 25 de febrero de 2013

SAIMOS NO DIARIO


A clase de catro anos B saíu na contraportada do Diario de Pontevedra,(24/02/2013).
O Xoves da semana pasada un fotógrafo do Diario veu visitar a escola para sacar unhas fotos e ir facendo así  un álbum do cole de Cabanas.
Esta vez tocoulle os nenos da profe Mª José  e  pronto irán aparecendo as demais clases.
Leede o pé de foto do editor, parece moi observador.
CEIP de Cabanas. A clase de catro anosB. Presentámosvos aos pequenos desta clase do CEIP Cabanas, en Salcedo. Estan moi riquiños cos seus mandilóns , aínda que hai algún que outro que optou por quitalo para posar na foto coa camiseta do Barca. Para non perder a noción do tempo, teñen na parede colocados os días da semana , ademais dunha morea de debuxos que fan que a aula sexa do máis fermosa.Pola imáxen tamén podemos imaxinar que esta semana os pequenos están escoitando música de Beethoven, tal e como aparece nun dos letreiros da parede .Foto:David Freire