domingo, 25 de octubre de 2015

A CAIXA QUITAMEDOS

Fai uns días, despois de ler o conto de Gato Guille e os monstros


Estivemos a falar dos nosos medos, de cando temos medo,por qué, como nos sentimos, quen nos axuda ...
E despois desta conversa decidimos entre todos facer un mural cos nosos medos.
Apuntamos nel cales eran as cousas que nos daban medo e finalmente pensamos en como poder desfacernos deles.
Construimos unha CAIXA QUITAMEDOS coa que imos comer os nosos medos e os medos dos nosos amigos.



No hay comentarios: