Xa fai días que estamos a traballar e consensuar cales van ser as normas da clase.
Todos as saben pero as veces non as recordan ben e ademáis este ano temos tres nenas novas e é necesario que as aprendan.
Estas son as normas:
-Merendamos sentados
-Tiramos os papeis na papeleira
-Facemos ben a fila
-Todos somos amigos e non pelexamos
-Recollemos os xoguetes cando acabamos de xogar
Despois de pensar cales ían ser e as que íamos por no mural das normas, fixemos entre todos as fotos e escribimos o texto para non esquecelas.
Aquí está o resultado final:
No hay comentarios:
Publicar un comentario