lunes, 26 de octubre de 2015

MESA TERRORÍFICA

Hoxe pola mañá o chegar a clase había unha mesa terrorífica.
Como somos valientes e casi xa non lle temos medo a nada, metémonos  dentro dela  e xogamos coas cousas de medo que alí había: RATOS, SERPES, ARAÑAS...
Todo estaba oscuro, pero coa lanterna conseguimos pasalo xenial.
¡Que divertido é xogar co medo!






PREPARANDO O SAMAÍN

COMO XA SABEDES, ANDAMOS CO SAMAÍN A VOLTAS..., E PARA PREPARAR O NOSO MORCEGO APROVEITAMOS AS FOLLAS DE XORNAL PARA FACER UN PEQUENO PERO INTERESANTE TRABALLO:

                                      

Primeiro pintamos as siluetas con esponxas...




 E mentres secaban..., outro día preparamos o recheo:

Cada un descubre cousas na súa folla (letras do seu nome, fotos e/ou lugares coñecidos,...)

Ata hai quen mide a altura da mesa coa folla!!!


E por fin, arrugamos o papel ...

...para facer unha chuvia de bolas!!!!

 E así, coma se fose unha empanada, botamos o recheo e a coser con grapas!!!


domingo, 25 de octubre de 2015

CABAZAS, PANTASMAS E MORCEGOS

O vindeiro Xoves temos unha festa. A festa do Samaín e non podíamos deixar sen decorar o pasillo que vai ás nosas clases.
Tomamos unha decisión , os nenos de 3 anos facer unha cabaza, os de 4 unha pantasma e os de 5 un morcego.
Mirade que bonito quedou todo.
Agora só nos falta que chegue a festaaaaaaaa

A CAIXA QUITAMEDOS

Fai uns días, despois de ler o conto de Gato Guille e os monstros


Estivemos a falar dos nosos medos, de cando temos medo,por qué, como nos sentimos, quen nos axuda ...
E despois desta conversa decidimos entre todos facer un mural cos nosos medos.
Apuntamos nel cales eran as cousas que nos daban medo e finalmente pensamos en como poder desfacernos deles.
Construimos unha CAIXA QUITAMEDOS coa que imos comer os nosos medos e os medos dos nosos amigos.



BRUXAS E BRUXOS...

Coa chegada do Samaín estamos a xogar e disfrazarnos de bruxiñas e bruxiños.
E parece ser que aos bruxiños tamén lles gusta o fñutbol.




XOGANDO CO OUTONO


Xa que tivemos que recoller follas secas para decorar o noso pequeno Salón Escolar, aproveitamos para disfrutar dese Outono Máxico que nos permite pisar follas, tocalas, cheiralas ("cheiran a madeira!!!"), escoitar o seu cruxido..... e por fin tiralas ao aire e facer unha festa de follas!!!!

 



    E de volta ao cole esperábanos unha amiga lagartixa....
 
...un pouco asustada ...!!!!


Preparando as nosa letras...

martes, 20 de octubre de 2015

CHEGANDO ESTÁ O SAMAIN

Coa vindeira chegada do Samaín e do Halloween os nenos e nenas estamos a traballar co medo para non ter medo e empezamos cantando esta cancion:

Premer aquí NO TENGO MIEDO

sábado, 17 de octubre de 2015

LETRAS DO OUTONO

En vindeiros días queremos que o salón do cole se encha con cousas do outono e por eso axudamos ás profes a decorar as letras da palabra OUTONO con follas que recollemos coa profe Sabela.



ENCARGADOS DOS EQUIPOS

A clase este ano está formada por 5 equipos.
Cada equipo reunido tivo que decidir como se quería chamar e quén ía ser o encargado.
Finalmente os equipos son:
-Bob esponja
-Olaf
-Power ranger
-Rayo mcqueen
-Las flores
E os encargados:
Diego, Zoe, Miguel N., Anqi e Markel.
Non foi nada fácil decidir entre todos quen ía ser o seu encargado porque en algún equipo querían ser todos, pero aínda que costou un pouquiño e incluso tiveron que recurrir o sorteo e as votacións o final houbo consenso e todos quedaron moi contentos.





BOB ESPONJA
OLAF
POWER RANGER
RAYO MCQUEEN
LAS FLORES

lunes, 12 de octubre de 2015

FACEMOS OS MANTEIS PARA MERENDAR

Os nenos de tres anos fixeron fai uns días uns manteis moi bonitos para merendar e a nós gustáronnos tanto que decidimos facelos tamén.
Escribimos o nome, estampamos cos selos e cos dedos en pintura de témpera e finalmente plastificamos cada neno o seu.
Así foi como quedaron.






O día que os estreemos faremos unha foto.

AS NORMAS DA NOSA AULA

Xa fai días que estamos a traballar e consensuar cales van ser as normas da clase.
Todos as saben pero as veces non as recordan ben e ademáis este ano temos tres nenas novas e é necesario que as aprendan.
Estas son as normas:
-Merendamos sentados
-Tiramos os papeis na papeleira
-Facemos ben a fila 
-Todos somos amigos e non pelexamos
-Recollemos os xoguetes cando acabamos de xogar 





Despois de pensar cales ían ser e as que íamos por no mural das normas, fixemos entre todos as fotos e escribimos o texto para non esquecelas.





Aquí está o resultado final: