lunes, 29 de febrero de 2016

CLASIFICACIÓN DE ANIMALES

Como sabedes estamos aprendendo cousas dos KOALAS, e claro!!!, canto máis aprendemos máis queremos saber!!!!! e descubrimos que os animais agrúpanse de diversas maneiras: según se alimentan, según nacen, según teñen ósos ou non, según cómo cubren o corpo, según onde viven,..... Sobre esto trata o seguinte vídeo. Disfrutade con él!!!!!!!

domingo, 28 de febrero de 2016

TRABALLANDO COA IMAXINACIÓN

Non todo é escribir, contar, buscar información...
Tamén temos que ser creativos e xogar a facer cousas coa nosa imaxinación, por eso partindo de anaquiños de papel charol de diferentes cores, creamos cousas tan bonitas como estas:






domingo, 21 de febrero de 2016

FACEMOS UN KOALA

Quixemos facer un Koala e por eso decidimos mandar á casa unha nota.



Cando conseguimos o tubo, fixemos a mezcla de negro e branco para conseguir o gris e despois recortar a cara e pegala.
Este é o resultado:



jueves, 11 de febrero de 2016

MEDIMOS E PESAMOS

Despois de saber como é un Koala e coñecer o seu peso e altura, quixemos saber tamén canto pesamos e medimos nós para despois comparar co peso e altura dun Koala .
Para eso tivemos que falar primeiro cómo íamos facer e que necesitábamos.
Finalmente e despois dunha larga conversa decidimos que sería necesario ter unha báscula e un metro.
Posteriormente  o que fixemos foi pesarnos e medirnos e ir apuntando os datos nun mural no que estaba a noso foto.
Cando rematamos a recollida de datos observamos cales eran os nenos que pesaban máis, menos ou igual cun Koala.





                       
 

                           

Estes foron os resultados.

Pero aínda imos seguir traballando cos datos para saber que nenos pesan igual e cantos pesan máis ou menos.





domingo, 7 de febrero de 2016

O KOALA DE BRAIS

Brais e os seus papás fixeron, para compartir con todos os nenos da sua clase, este Koala con filloas que nos sorprendeu  e gustou a todos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.


A FESTA DE DISFRACES

Disfraces, música, merenda, desfile...
O venres tivemos unha mañá moi animosa e o cole encheuse de animais diferentes e divertidos.
Ademais queimamos a Cabanón