viernes, 12 de junio de 2015

PINTAMOS BANDEIRAS PARA O FESTIVAL


Con motivo da proximidade do festival de eurovisión de final de curso, decidimos facer as bandeiras correspondentes aos países participantes no mesmo. 
Para facelas dividímonos en equipos e repartimos as tarefas: buscamos a bandeira de cada un dos países e distribuimos as cores que cada un iba a empregar.
E puxémonos mans a obra!!!
 


Comezamos coa de España!! ésta foi fácil posto que xa a coñecíamos.
 

 
Mentres outro equipo se preparaba para pintar a bandeira de Francia, sempre antes buscando no mapa do mundo, onde está o país veciño.
Outro equipo encargouse da bandeira de Suecia: este país non o coñecíamos, tivemos que ver no mapa que está mais lonxe de España.



Xa tiñamos tres bandeiras casi rematadas así que decidimos facer as dúas máis complicadas, Israel e Reino Unido.
Israel resultounos máis difícil porque tiña unha estrela no medio, que ainda estamos pendentes de que os nenos de primeiro nos conten o seu significado, polo que decidimos pintala primeiro con cera e darlle despois coa tempera por riba.
 


.E a de Reino Unido foi difícil de pintar porque tiña moitas liñas, pero como somos uns artistas,  fixémolo de maravilla!!
 


Esperamos que vos guste a decoración para o festival.
Vinde a vernos e veredes o resultado!!



No hay comentarios: