Os papás ou mamás interesados poden conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.
sábado, 20 de junio de 2015
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Video coas actuacións do festival deste ano.
Os papás ou mamás interesados poden conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.
Os papás ou mamás interesados poden conseguir unha copia de maior calidade da película na biblioteca do colexio. Non esquezades traer un DVD gravable ou un lapis de memoria.
sábado, 13 de junio de 2015
viernes, 12 de junio de 2015
PINTAMOS BANDEIRAS PARA O FESTIVAL
Con motivo da proximidade do festival de eurovisión de final de curso, decidimos facer as bandeiras correspondentes aos países participantes no mesmo.
Para facelas dividímonos en equipos e repartimos as tarefas: buscamos a bandeira de cada un dos países e distribuimos as cores que cada un iba a empregar.
E puxémonos mans a obra!!!
Comezamos coa de España!! ésta foi fácil posto que xa a coñecíamos.
Mentres outro equipo se preparaba para pintar a bandeira de Francia, sempre antes buscando no mapa do mundo, onde está o país veciño.
Outro equipo encargouse da bandeira de Suecia: este país non o coñecíamos, tivemos que ver no mapa que está mais lonxe de España.
Xa tiñamos tres bandeiras casi rematadas así que decidimos facer as dúas máis complicadas, Israel e Reino Unido.
Israel resultounos máis difícil porque tiña unha estrela no medio, que ainda estamos pendentes de que os nenos de primeiro nos conten o seu significado, polo que decidimos pintala primeiro con cera e darlle despois coa tempera por riba.
.E a de Reino Unido foi difícil de pintar porque tiña moitas liñas, pero como somos uns artistas, fixémolo de maravilla!!
Esperamos que vos guste a decoración para o festival.
Vinde a vernos e veredes o resultado!!
jueves, 11 de junio de 2015
SILUETAS DO CORPO HUMANO
Levamos unhas semanas descubrindo cousas do Corpo Humano e como remate final fixemos por equipos unhas siluetas donde fomos situando os órganos máis importantes.
miércoles, 10 de junio de 2015
COCIÑO COA MOCHILA VIAXEIRA
A mochila viaxeira invitou a Brais a facer estes postres tan ricos.
Grazas por compartir o teu traballo con todos.
OS CALEIDOSCOPIOS DE AROA E DANIEL
A semana da Ciencia Sabela ensinounos como se facía un caleidoscopio e Aroa e Daniel fixeron estes nas súas casas.
Animádevos vós tamén
Suscribirse a:
Entradas (Atom)