Durante a pasada semana, os nenos e nenas de 5 anos estivemos preparando unha actividade moi entretida e educativa que rematou o xoves 19 con unha sesión de cine no cole.
Tivemos unha asamblea donde falamos das normas de comportamento en diferentes lugares: no cine, na aula, no patio, .....
A partir desa asamblea decidimos que según nos fosemos comportando día a día na aula, no patio, cos demáis compañeir@s, profes... íamos gañando unhas moedas de 1euro coa finalidade de xuntar 6 e poder mercar a entrada do cine.
Cada neno e nena foi gardando as moedas no seu "sobre moedeiro" e as mestras rexistrábamos os euros gañados nun gran cadro.
Cada neno e nena foi gardando as moedas no seu "sobre moedeiro" e as mestras rexistrábamos os euros gañados nun gran cadro.
Chegou o día do cine, cada un acudiu á taquilla co seu moedeiro e tiñan que contar 6 moedas para mercar a entrada. Aqueles nen@s que non xuntaron as moedas nos puideron entrar ó cine.
Unha vez que pasamos pola taquilla, entramos á sala de cine para ticar a entrada e buscar a fila e a butaca correspondente na que nos tocaba sentar para disfrutar da película.
.
A sesión de cine foi moi divertida para tod@s e temos que dicir que estos nenos e nenas portáronse super ben, así que foron premiados con un vale para un bote de palomitas.
Ademáis Lara trouxo unha máquina de palomitas á aula e foi moi divertido ver como se facían dos grans de millo.
Dúas máquinas en marcha a facer palomitas: o microondas e a palomitera, enchemos o cole de olor de palomitas. Foi xenial!!!!!
Como en moitas películas, libros etc. hai un agradecemento especial, así que as titoras de 5 (Chus e Andrea) queremos agradecer os mestres José Luís, pola súa colaboración no apartado tecnolóxico, a profe Sabela, por traernos a peli e a profe María, por colaborar con nós durante toda a semana na posta en marcha da actividade.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario