Os cociñeiros e cociñeiras das aulas de 5 anos preparamos unha receita moi divertida e saborosa "CANAPÉS DE MOMIAS".
Os ingredientes son os seguintes:
-unha rebanada de pan de molde cortada á metade.
-unha loncha de xamón de iork cortada á metade.
-dúas lonchas de queixo cortadas en tiras.
-dúas aceitunas cortadas á metade.
Preparación:
Colocamos as rebanadas de pan, enriba as lonchas de xamón e a continuación as aceitunas como se fosen os ollos, por último colocamos as tiras de queixo a modo de vendas e xa temos listos os símpáticos Canapés de Momias.
Aula de 5 anos B
Aula de 5 anos A
No hay comentarios:
Publicar un comentario