Xa facía moito tempo que non sabíamos nada de Félix e por fín esta semana chegou unha carta dende Kenia
.
Os nenos de 5 anos sabemos moi ben quén é Félix porque nos dous cursos anteriores estivemos seguindo as súas viaxes por Londres, Exipto e París, pero os nenos de catro están a coñecer a Félix por primeira vez.
Félix é unha pequena lebre que vivía en Alemania coa súa amiga Sofía que ten tres irmáns: Julio, Nicolás e Lena e que dende que se perdeu un día que regresaba a Alemania anda de viaxe por diferentes lugares do mundo.
Na carta que nos chegou o outro día cóntalle a Sofia que a súa viaxe polo río Nilo levouno ata Kenia. Para saber onde está situado este país africano, consultamos o mapa grade que temos na clase e agora queremos aprender máis cousas.
¿Onde está? ¿Qué se fala en Kenia? ¿Como son os seus habitantes?....
Papás e mamás esperamos tamén a vosa colaboración e queremos que participedes con nós da alegría de ser "benvidos a Kenia", cantando e bailando esta canción que imos aprender coa profe Isa: "Jambo Bwana"
1 comentario:
Una canción muy divertida, y ya van sabiendo un montón de cosas de Kenia y así, nosotros también!!!
Publicar un comentario