sábado, 22 de junio de 2013

DE CABANAS AO MOULIN ROUGE

Tanto traballar París deu os seus froitos. Xa sabemos bailar o cancán. Con el, a profe Lorena quere agradecer ás familias dos nenos e nenas todo o cariño e toda a colaboración recibida durante este curso escolar. Un abrazo para todos. Grazas. Lorena.

A FESTA DAS FRESAS

O verán está a piques de chegar, aínda que o tempo non acompaña. Para recibilo con forzas, decidimos facer unha festa con froitas do verán (fresas, melón e sandía). O melón e a sandía xa os prepararon as profes, pero as fresas tiveron que preparalas os propios nenos e nenas.
Ao chegar á clase deixamos as fresas nunha gaveta e todos puxémonos mans á obra. 

A profe explicounos os pasos para preparar as fresas. O primeiro, e moi importante, foi lavar e secar as fresas:

A continuación, tivemos que quitarlle a parte verde da fresa:

O terceiro paso foi cortar as fresas:

E, por último, fixemos as brochetas e... a comer!!! Isto sí que é traballo en cadena.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.


viernes, 21 de junio de 2013

CUMPLES DO 3º TRIMESTRE

                              

Para os nenos que cumpliron neste trimestre 4, 5 e 6 anos celebramos o Xoves a festa dos cumples,
Cantamos, comemos, bailamos...foi un día xenial!!!
Moitas felicidades para todos.

martes, 18 de junio de 2013

AS PLANTAS

Como resultado da visita ao CEE Juán XXIII realizamos este pequeno proxecto sobre as plantas.

lunes, 17 de junio de 2013

O NOSO MOULIN ROUGE


Un día Irene troxonos á clase cousas moi interesantes sobre o Moulin Rouge. Así descubrimos que o Moulin Rouge é un famoso cabaret parisino situado ao pé da colina de Montmartre. Ten mais de 100 anos, pero continúa ofrecendo na actualidade gran variedade de espectáculos.
Nós quixemos elaborar o noso particular Moulín Rouge.


AS PLANTAS

O venres 14 de xuño fixemos unha segunda visita o CEE Juan XXIII para observar os cambios producidos nas plantas que semanas antes sementamos e plantamos. No vídeo poderedes ver o ben que o pasamos desta segunda volta, pareceunos moooooooi divertido compartir actividades cos noso/as amigo/as.

O XOGO DA PETANCA

O xogo da petanca é un xogo que lle gusta moito xogar aos franceses. Non é un xogo só para nenos senon que tamén o xogan os maiores. É un xogo tranquilo e divertido que consiste en lanzar unha serie de bolas metálicas  co propósito de acercarse o máis posible a unha pequena bola que se lanza con anterioridade por un dos xogadores.
Agora que ven o bo tempo e imos estar de vacacións  poderémolo seguir practicando nas praias e nas nosas casas. Félix sentirase orgulloso de que o teñamos  aprendido tan ben.


AS VOGAIS

Tódolos días nos xuntamos en asamblea pola mañá  e despois de pasar lista e saber que día é , cantamos ou falamos do que imos facer para pasar a traballar.
Fai uns días descubrimos esta canción na que cantan as vogais e como nos gustou moito, tamén queremos que os papás a cantedes con todos nós.
Animádevos

domingo, 16 de junio de 2013

A MAXIA ESTÁ EN CABANAS

O Xoves pasado tivemos a visita do mago Javier Muro (premer aquí)  no noso cole.
A maxia é algo que nos encanta a peques e maiores e aquí podedes ver todo o que compartiu con nós.



sábado, 8 de junio de 2013

REMATANDO CON PARIS

Xa sabemos onde está Paris, cómo é a bandeira de Francia, cómo sona o seu himno, o alta que é a Torre Eifel, a Catedral de Notre Dame, o río Sena.
Degustamos queixos franceses...
Sabemos tamén que se queremos mercar algo en Francia podemos facelo con moedas e billetes de euro e cal é o baile que lle gusta aos francese e que se chama cancán.
Estamos a piques de rematar co proxecto de Paris e por iso para festexalo fixemos estes bonitos traballos:


E ademais mirade que ven nos quedaron as exposicións das clases de catro e cinco anos: