Pasámolo moi ben e aprendemos moitísimo:
- Ensináronnos os diferentes tipos de fariñas coas que se fai o pan.
- Observamos como a amasadora industrial o amasaba.
- Experimentamos como se facían os pans e as baguetes francesas para despois introducilas no forno e moitas cousas máis.
ESTIVO XENIAL!!!!!
E ademais, tamén estivemos xogando nun parque próximo a panadaría, onde merendamos ricos croassants e napolitanas, regalo de Víctor e Manuel.
TODA UNHA EXPERIENCIA DELICIOSA!
As profes de Infantil, queremos agradecer o tempo que nos adicaron Víctor e Manuel e a súa xenerosidade.
Invitámosvos a visitar a súa panadaría, San Pedro de Tomeza porque alí atoparedes ricos pans artesáns. Así que... xa sabedes...
TODOS A COMER PAN!!!!!!!
1 comentario:
¡¡Vaya excursión chula!! Divertida, sabrosa, ... ¡muchas gracias a las profes por llevar a estos peques!
Publicar un comentario