lunes, 29 de abril de 2013

VISITA A PANADARÍA

Este venres os nenos de 4 e 5 anos visitamos a panadaría de Vïctor e Manuel en Tomeza.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitísimo:
- Ensináronnos os diferentes tipos de fariñas coas que se fai o pan.
- Observamos como a amasadora industrial o amasaba.
- Experimentamos como se facían os pans e as baguetes francesas para despois introducilas no forno e moitas cousas máis.
                                                              ESTIVO XENIAL!!!!!
E ademais, tamén estivemos xogando nun parque próximo a panadaría, onde merendamos ricos croassants e napolitanas, regalo de Víctor e Manuel.
                                                             TODA UNHA EXPERIENCIA DELICIOSA!
As profes de Infantil, queremos agradecer o tempo que nos adicaron Víctor e Manuel e a súa xenerosidade.
Invitámosvos a visitar a súa panadaría, San Pedro de Tomeza porque alí atoparedes ricos pans artesáns. Así que... xa sabedes...
                                                            TODOS A COMER PAN!!!!!!!



domingo, 28 de abril de 2013

OS CONTOS FAVORITOS DOS NOSOS PAPAS

Para celebrar o día 23 de Abril, os nenos de Infantil trouxemos das nosas casa unha información cos títulos de contos favoritos dos nosos pais.
Foron moitos os contos ben valorados, pero especialmente tivo moita aceptación o conto dos 3 porquiños e tamén o de Carapuchiña vermella.







Por eso as profes queremos que pais e nenos recorden  e vexan xuntos estes dous contos. Premer aquí.






viernes, 26 de abril de 2013

DEGUSTACIÓN DE QUEIXOS

Pouco se pode dicir, o queixo delicioso e o máis importante, pasámolo xenial!! Cada día que pasa aprendemos más sobre París!


jueves, 25 de abril de 2013

PASEANDO POLO ARCO DE TRIUNFO

Cando Félix chegou a Paris descubriu un arco moi grande.Era o Arco de Triunfo.
Foi Napoleón Bonaparte quen decidiu construir este arco despois dunha victoria moi importante  como foi a Batalla de Austerlitz.


File:Arc de Triomphe de l'Etoile - 14 Juillet 2011 - Paris, FRANCE.JPG

¡Que cousas tan interesantes estamos aprendendo grazas o  noso amigo Félix!



Se queredes aprender a dibuxar o Arco de Triunfo de Paris, premer aquí
E se vos gusta o resultado, podedes traer o dibuxo o cole para poñer nas nosas exposicións

lunes, 22 de abril de 2013

O EURO FRANCES



               




Dende que Félix está en Francia non deixamos de aprender cousas novas.
Sabemos que no noso pais para mercar necesitamos euros. Temos euros en billete e tamén euros en moeda pero... ¿que moeda necesitaremos para mercar en Francia?.
Houbo algún neno que pensou que se facía con dólares.
¿Será verdade que a moeda francesa é o dólar?
Non, non...Pois entón, ¿cal é?
Como sempre que non coñecemos algo intentamos entre todos averigualo, e así foi como descubrimos que en Francia existen tamén os euros. Temos billetes iguais, pero as moedas son diferentes. Xogamos a ver as diferencias  e agora xa sabemos que nas nosas moedas  aparece o noso rei e que  en Francia non teñen rei. ¿Por que será? Esa é unha nova pregunta para seguir investigando.

DEGUSTACIÓN DE QUEIXOS

Como sabedes, un dos alimentos mais coñecidos de Francia son os queixos. Con tal motivo, decidimos facer unha cata de queixos nas clases. Este venres, gracias ás aportacións das familias, tocoulles a degustación gastronómica ás aulas de 4 anos. Os nenos e as nenas trouxeron moitísimas variedades de queixos: queixo de untar, queixo fresco, gouda, tetilla, queixo de arzúa, emmemtal, camembert (o favorito de Napoleón Bonaparte), roquefort, brie, queixo azul, queixo de piña... e ata un queixo de cor vermella. Están feitos uns excelentes críticos culinarios.






A CATEDRAL DE NOTRE DAME E O XOROBADO

Continuamos visitando diferentes lugares de Paris e despois de coñecer a Torre Eiffel  decidimos visitar  a Catedral de Notre Dame.








Notre Dame é a atracción turística máis famosa de Francia.Ten máis visitantes ca Torre Eiffel.
Esta catedral segue hechizada pola lenda do Xorobado de Notre Dame.




DESFILAMOS CO HIMNO FRANCES

Paris está en Francia, en Paris hai unha torre moi alta, os franceses falan francés.
Pero...¿cal é a bandeira de Francia? ¿Ten as mesmas cores ca española ou non?
Investigamos e descubrimos como é.
A bandeira francesa ten tre cores: azul, branco e vermello e ademais os franceses teñen tamén un himno que os representa.
Algúns nenos escoitaron o himno por primeira vez,  pero outros xa o coñecían poque o tiñan escoitado na televisión nos partidos de football.











Estivemos desfilando coma se fosemos soldados, o són do himno de Francia igual que Napoleón nas suas batallas,je, je e pasamolo moi ben.




jueves, 11 de abril de 2013

PARIS ESTÁ EN FRANCIA

Xa estamos aprendendo moitas cousiñas de París.
Por exemplo sabemos que Paris está situada nun pais chamado Francia.













Francia

Non soio sabemos situalo no mapa, senon que ademais descubrimos que o río Sena e o río que cruza Paris.
Félix na súa carta decíanos que en París había unha torre. Cómo se chamará?
Si, si , moi ben é a torre Eiffel.




E unha torre impresionante, que ten mais de 300 metros de altura.
Se queredes facede unha pequena visita por Paris mentras escoitades unha bonita música francesa.
E se vos  gusta a cociña animádevos a comer este fín de semana  unha torre Eiffel coa axuda dos vosos fillos. A eles vaille encantar. 



viernes, 5 de abril de 2013

OS PEQUES DO COLE NO DIARIO DE PONTEVEDRA



DANDO OS PRIMEIROS PASOS...

                                          ... CARA Á FAMA!!!

jueves, 4 de abril de 2013

AS MÁQUINAS

Á volta destas pequenas vacacións, nas aulas de 3 anos continuamos traballando co proxecto das máquinas.
Animádevos a investigar con nós e preparádevos a colaborar con algún pequeno experimento..... Qué será...????