lunes, 23 de diciembre de 2013

FESTA DAS CAMPANADAS

O día 20 de decembro celebramos a tradicional festa das Campanadas no cole. Comemos chocolates o son das badaladas, tiramos serpentinas, confeti e bailamos con moito ritmo. Un ano máis os nenos e nenas vestíronse moi guap@s e elegantes, preparadísim@s para a ocasión!!!!!!!!
                                                               FELIZ ANO 2014!!!!!!


jueves, 19 de diciembre de 2013

FESTA ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Antes das vacacións de Nadal celebramos a festa dos Aniversarios do 1º trimestre. Moitas felicidades a tod@s os homenaxead@s!!!!!!


 

BUZÓN REAL

Con moita pero que moitísima ilusión os nenos e nenas de Cabanas depositaron as súas cartas no buzon real. Seguro que as súas Maxestades de Oriente MELCHOR  GASPAR e BALTASAR repartirán en todas as súas casas anaquiños de emoción e felicidade. 













miércoles, 18 de diciembre de 2013

PANXOLIÑAS DE NADAL

Hoxe todos os nenos e nenas do cole, dirixidos pola profe Aurora cantaron divertidas Panxoliñas de Nadal.













lunes, 16 de diciembre de 2013

"FELICITACIÓN DE NADAL"

Este ano queremos felicitar estas entrañables festas con música, baile e sobre todo moitísima diversión. Esperamos que disfruten coa actuación das pequenas estrelas do CEIP CABANAS-SALCEDO. BO NADAL A TOD@S

lunes, 25 de noviembre de 2013

EXPERIMENTOS

O Martes pasado o cole encheuse de ciencia.
A todos nos gustan os experimentos e por eso o
que fixemos foi experimentar con globos, imáns, alimentos.......

¡Que divertido é  facer ciencia!



martes, 19 de noviembre de 2013

BAILAMOS NO MAGOSTO

Por certo, por certo..... mirade como bailamos animad@s pola profe María mentres esperábamos a que se asaran as castañas  

CONTACONTOS DE COMIDA SAUDABLE

Estivo na biblioteca do cole Raquel Queizás, "Queliña" para os amig@s.
Veu a escenificarnos os nenos e nenas de 4 e 5 anos un conto onde o seu protagonista chamado Xan só facía comer pasteliños e máis pasteliños ..... ata que un bo día deuse de conta que o mellor era comer froita, porque así tiña máis enerxía e vitalidade.
Aprendemos moooooito con este conto, só falta poñelo en práctica.
            Ánimo pequech@s que a froita é o mellor para crecer moito moitíííííísimo!!!!



lunes, 18 de noviembre de 2013

sábado, 9 de noviembre de 2013

FELIX VISITA KENIA

Xa facía moito tempo que non sabíamos nada de Félix e por fín esta semana chegou unha carta dende Kenia
.
Os nenos de 5 anos sabemos moi ben quén é Félix porque nos dous cursos anteriores estivemos seguindo as súas viaxes por Londres, Exipto e París, pero os nenos de catro están a coñecer a Félix por primeira vez.
Félix é unha pequena lebre que vivía en Alemania coa súa amiga Sofía que ten tres irmáns: Julio, Nicolás e Lena e que dende que se perdeu un día que regresaba a Alemania anda de viaxe por diferentes lugares do mundo.
Na carta que nos chegou o outro día cóntalle a Sofia que a súa viaxe polo río Nilo levouno ata Kenia. Para saber onde está situado este país africano, consultamos o mapa grade que temos na clase e agora queremos aprender máis cousas.
¿Onde está? ¿Qué se fala en Kenia? ¿Como son os seus habitantes?....
Papás e mamás esperamos tamén a vosa colaboración e queremos que participedes con nós da alegría de ser "benvidos a Kenia", cantando e bailando esta canción que imos aprender coa profe Isa: "Jambo Bwana"

OS TRES PORQUIÑOS

As mochilas viaxeiras están xa circulando polas casas dos nenos dende fai uns días.
Na clase de tres anos Nico e a súa familia decidiron despois de ler o conto dos tres porquiños facer esta bonita manualidade.
Moitísimas grazas


viernes, 8 de noviembre de 2013

OS NOSOS CONXUROS

Fai algúns días o noso amigo Pataquiña quixo facer uns conxuros para o Samaín, pero como él non sabía facelos pediunos axuda os nen@s de infantil.
Pensamos e repensamos e o final saíron todos estes:







FANTASMAS NO SAMAIN

Aproveitando estes días de medo decidimos preparar no rincón de potingues uns terroríficos fantasmas.
Son moi sinxelos de facer e só se necesita papel de periódico, papel de cociña, lá e rotuladores.
Mirade que bonitos nos quedaron.


BUHOS DE OREO

Convertímonos en pasteleiros por un día!!!!!! É unha receita moi sinxela que podedes repetir na casa ahí vai unha mostra do ben que o fixemos e como nos puxemos as botas comendo estes ricos búhos de oreo........


domingo, 27 de octubre de 2013

LIM DO SAMAÍN

Xa cantamos, xa vimos o conto da Bruxa Regañadentes e agora a xogarrrrrrr con este LIM
Premer aquí




XA CHEGA O SAMAIN

E tempo de bruxas, pantasmas , esqueletos, e vampiros...
Pero os nenos de Cabanas non temos medo e para empezar coas celebracións imos cantar:





e despois de cantar que vos parece se vemos papás, mamás e nenos todos xuntos este conto,
Premer aquí: A BRUXA REGAÑADENTES





sábado, 26 de octubre de 2013

A VENDIMA

Durante o mes de Outubro prodúcese o proceso da VENDIMA. 
Dende o cole as mestras de Infantil de 4 e 5 anos quixemos que os nenos e as nenas nos contaran as súas vivencias nestre proceso, e que aqueles que non teñen a oportunidade de vivilo o coñezan a través dun pequeno libro que estamos a confeccionar.

lunes, 14 de octubre de 2013

XOGAMOS EN OUTONO CO OUTONO

Agora que estamos en Outono e despois de ter feitos os murais imos xogar un pouquiño.
Premer en:  OUTONO




                  OUTONO