PABLO E A SÚA FAMILIA ACEPTARON O RETO DE CONTAR UN CONTO PROPOSTO POR LOAIRA, PERO NON VOS IMAXINADES QUE ARTISTAS SON. FIXERON UNHA POSTA EN ESCEA ESPECTACULAR CON PLAYMOBILS.
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIA POR COMPARTIR CON NÓS ESTE PRECIOSO TRABALLO.
QUE TAL?. COMO ESTADES? PODEDES MANDARNOS VÍDEOS VOSOS FACENDO CALQUERA ACTIVIDADE OU SIMPLEMENTE CONTANDO COMO VOS SENTIDES NESTA SITUACIÓN AO CORREO QUE ESTAMOS EMPREGANDO NO CONFINAMENTO (anayandreainfantil@gmail.com).
APROVEITO ESTA ENTRADA PARA PASARVOS RECURSOS DIXITAIS EDUCATIVOS NOS QUE ATOPAREDES APPS, CONTOS, FICHAS... .
SE CLICADES NESTA IMAXE (YO APRENDO EN CASA) ACCEDEREDES A UNHA WEB ONDE ATOPAREDES ACTIVIDADES INTERACTIVAS E DEMAIS COUSAS INTERESANTES (CONTOS, LECTOESCRITURA, DIRECCIONALIDADE LETRA ENLAZADA....). NESTE ENLACE PODEDES DESCARGAR UNHA APP EDUCATIVA CHAMADA PUPITRE NA QUE SE TRABALLAN DIFERENTES CONTIDOS DENDE OS 3 ANOS ATA OS 8:
COMO ALGUNHAS FAMILIAS NOS COMENTÁSTEDES QUE ALGÚN PEQUE ESTÁ XA MOI INTERESADO COA MINÚSCULA DEIXÁMOSVOS NESTE ENLACE ALGUNHA FICHA (A DIRECCIONALIDADE DAS LETRAS APARECE BEN EXPLICADA NA WEB YO APRENDO EN CASA NO APARTADO CANTATRAZOS). ESTAS ACTIVIDADES SON VOLUNTARIAS E SEMPRE QUE OS PEQUES AS DEMANDEN. TAMÉN PODEDES ENCONTRAR FICHAS DE MATE E GRAFOMOTRICIDADE. E POR ÚLTIMO DEIXÁMOSVOS UNS ENLACES A OBRAS DE TEATRO QUE AOS PEQUECHOS LLES PODEN GUSTAR:
"A GALIÑA AZUL" (DE TANXARINA TÍTERES). PINCHA NA IMAXE.
"FEO" (DE CARAMUXO TEATRO): INSPIRADO NO PATIÑO FEO DE CHRISTIAN ANDERSEN. PINCHA NA IMAXE.
"NA CASA" (DE CARAMUXO TEATRO). PINCHA NA IMAXE.
"PÍO" (DE CARAMUXO TEATRO). PINCHA NA IMAXE.
"RUBICUNDO" (DE TEATRO GHAZAFELHOS). PINCHA NA IMAXE.
AGARDAMOS QUE ESTOS RECURSOS SEXAN DO VOSO AGRADO E VOS FAGAN ESTE CONFINAMENTO MÁIS LEVADEIRO.
BO DÍA FAMILIAS :
COMO SE ACHEGA O MOMENTO DE FACER AS PRIMEIRAS SAÍDAS COS PEQUES , PARECEUNOS BEN FACEROS CHEGAR UNHAS RECOMENDACIÓNS E UN CONTO ONDE EXPLICA DE FORMA DIVERTIDA O QUE TEMOS QUE FACER.
RECOMENDACIÓNS (ELABORADO POR MERCE FERNÁNDEZ DO CEIP VALLE INCLÁN)
PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTO DA PSICÓLOGA INFANTIL CARMEN ESTEBAN
HOXE, XOVES 23 DE ABRIL É O DÍA MUNDIAL DO LIBRO, E DENDE A BIBLIOTECA DO COLE, A PROFE MARÍA JOSÉ, CONVÍDANOS A FACER UNHA FOTO E UN DEBUXO CO CONTO QUE MÁIS VOS GUSTE. PUBLICAREMOS UNHA ENTRADA CO QUE NOS ENVIEDES AO NOSO CORREO E TAMÉN LLE PASAREMOS Á PROFE MARÍA JOSÉ AS VOSAS FOTOS CO CONTOPARA PUBLICALAS NO BLOG DA BIBLIOTECA, ASÍ PATAQUIÑA ESTARÁ MOI CONTENTA DE VERVOS A TODOS/AS.
MARÍA JOSÉ E MÁIS NÓS XA TEMOS OS NOSOS FAVORITOS!! CAL SERÁN O VOSOS LIBROS PREFERIDOS?
AÍNDA QUE XA PASOU O DÍA E POR CULPA DESTA SITUACIÓN NON PUIDEMOS DESFRUTALOS MOITO, NON ME QUERÍA ESQUECER DE DARLLE MIL GRAZAS A BRAIS POR AGASALLARNOS POLO SEU CUMPLE CON DOUS XOGOS (PARCHÍS E DOMINÓ XIGANTES) PARA QUE TOD@ O ALUMNADO POIDA DIVERTIRSE NO PATIO OU NAS AULAS.