ESTES DÍAS ESTIVEMOS REALIZANDO UNHA CARTA PARA OS REIS MAGOS!!!! FÍXONOS MOITA ILUSIÓN METELA NO BUZÓN DO COLEXIO!!!! QUE NERVIOS, CO BEN QUE NOS PORTAMOS NO COLE SEGURO QUE NOS TRAEN OS AGASALLOS QUE LLE PEDIMOS!!!!!!
SEGUIMOS COCIÑANDO, ESTA VEZ TOCOUNOS ELABORAR ALGO RELACIONADO CO NADAL. ESTA RECEITA TITULADA "BONECO DE NEVE" GUSTOUNOS MOITISÍMO XA QUE OS INGREDIENTES PRINCIPAIS ERAN PAN BIMBO E NUTELLA. UMMMMMM!!!!!!!!!! ENCANTOUNOS!!!!!!
O PASADO MARTES , OS RAPACES DE 4º DE PRIMARIA INTERPRETARON PARA OS NENOS DE INFANTIL A OBRA DE TEATRO "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS".
UNHA ACTUACIÓN MOI AXEITADA PARA AS FESTAS QUE ESTÁN A PIQUES DE COMEZAR!
AS NOSAS PROFES ENSINÁRONNOS QUE O CUEIRO TEN OUTRAS UTILIDADES MOI DIVERTIDAS. DESCUBRIMOS QUE PODEMOS FACER NEVE CUN POUQUIÑO DE AUGA MESTURADA COS POLVOS QUE TEN O PAÑAL NO SEU INTERIOR.
QUE BEN O PASAMOS AÍNDA QUE AO FINAL TIVERAMOS QUE EMPAPELAR O CHAN PARA QUE NON SE CONVERTIRA NUNHA PISTA DE PATINAXE!!!!!!!!!!
POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, OS NEN@S DE TRES ANOS FIXEMOS UN VÍDEO SOBRE TODAS AQUELAS COUSAS BONITAS QUE PODEMOS FACER COAS NOSAS MANS. PODEMOS PINTAR, ACARICIAR, APLAUDIR, ABRAZAR.... PERO NUNCA, NUNCA, NUNCA PEGAR!
AÍNDA QUE VAMOS CON UN POUCO DE RETRASO, NUNCA ESTÁ DEMAIS RECORDAR ESTA IMPORTANTE MENSAXE!