ESTES DÍAS ESTIVEMOS REALIZANDO UNHA CARTA PARA OS REIS MAGOS!!!! FÍXONOS MOITA ILUSIÓN METELA NO BUZÓN DO COLEXIO!!!! QUE NERVIOS, CO BEN QUE NOS PORTAMOS NO COLE SEGURO QUE NOS TRAEN OS AGASALLOS QUE LLE PEDIMOS!!!!!!
SEGUIMOS COCIÑANDO, ESTA VEZ TOCOUNOS ELABORAR ALGO RELACIONADO CO NADAL. ESTA RECEITA TITULADA "BONECO DE NEVE" GUSTOUNOS MOITISÍMO XA QUE OS INGREDIENTES PRINCIPAIS ERAN PAN BIMBO E NUTELLA. UMMMMMM!!!!!!!!!! ENCANTOUNOS!!!!!!
O PASADO MARTES , OS RAPACES DE 4º DE PRIMARIA INTERPRETARON PARA OS NENOS DE INFANTIL A OBRA DE TEATRO "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS".
UNHA ACTUACIÓN MOI AXEITADA PARA AS FESTAS QUE ESTÁN A PIQUES DE COMEZAR!
AS NOSAS PROFES ENSINÁRONNOS QUE O CUEIRO TEN OUTRAS UTILIDADES MOI DIVERTIDAS. DESCUBRIMOS QUE PODEMOS FACER NEVE CUN POUQUIÑO DE AUGA MESTURADA COS POLVOS QUE TEN O PAÑAL NO SEU INTERIOR.
QUE BEN O PASAMOS AÍNDA QUE AO FINAL TIVERAMOS QUE EMPAPELAR O CHAN PARA QUE NON SE CONVERTIRA NUNHA PISTA DE PATINAXE!!!!!!!!!!
POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, OS NEN@S DE TRES ANOS FIXEMOS UN VÍDEO SOBRE TODAS AQUELAS COUSAS BONITAS QUE PODEMOS FACER COAS NOSAS MANS. PODEMOS PINTAR, ACARICIAR, APLAUDIR, ABRAZAR.... PERO NUNCA, NUNCA, NUNCA PEGAR!
AÍNDA QUE VAMOS CON UN POUCO DE RETRASO, NUNCA ESTÁ DEMAIS RECORDAR ESTA IMPORTANTE MENSAXE!
OS MÁIS CATIVOS DO CABANAS CELEBRAMOS O MAGOSTO. GOZAMOS PARTICIPANDO EN XOGOS TRADICIONAIS COA AXUDA DOS MÁIS MAIORES, SABOREAMOS O FROITO DO MAGOSTO E ATA FIXEMOS UN CUCURUCHO XIGANTE ACOMPAÑADO DUNHAS SIMPÁTICAS CASTAÑAS PARA DECORAR O CORREDOR.
OLA FAMILIAS: XA ESTÁBAMOS TARDANDO EN ENSINARVOS OS PRECIOSOS MANTEIS QUE REALIZARON OS PEQUES PARA AS SÚAS MERENDAS!!!!!!!BO PROVEITO!!!!!!!
SAUDIÑOS
OS MÁIS PEQUES DO COLE XA COMEZAMOS A NOVA ETAPA!!!!
FORON UNHAS SEMANAS INTENSAS, CHEAS DE EMOCIÓNS: COÑECEMOS AOS NOVOS COMPAÑEIR@S, DESCUBRIMOS O COLEXIO, XOGAMOS, BAILAMOS, RIMOS... E TAMÉN HOUBO ALGÚN QUE OUTRO CHORO.
POUQUIÑO A POUQUIÑO IRÉMOSVOS INFORMANDO DE TODO O QUE FACEMOS NA ESCOLA.
POLO DE AGORA DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS ONDE NOS PODEDES VER PASÁNDOO XENIAL NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS.
Este curso adicamos moito tempo e esforzo o mundo do cine, e para rematar decidimos cantar e bailar coa película "Grease". Este foi o resultado e esperamos que vos gustara.
O vindeiro venres, 9 de xuño celebraremos no cole o día da ciencia e por eso os profes especialistas fan para nós unha mostra de experimentos nos que podemos tamén participar. Este ano quixemos aprender un pouquiño máis e preparar algún máis para despois ensinar nas nosas casa. Hoxe fixemos: "A moeda invisible"
Cun vaso de cristal, auga e unha moeda descubrimos.....