viernes, 25 de noviembre de 2016

APRENDENDO A SUMAR

Xa somos maiores e queremos ir aprendendo a sumar, pero como nos costa algo facelo, hoxe estivemos a xogar coa máquina de sumar.
Seis boliñas de plastilina, seis números recortados e unha plantilla serviunos para empezar a comprender o mecanismo.
Agora só temos que seguir practicando na casa.






sábado, 19 de noviembre de 2016

VISITA DO CONTACONTOS POLO CORREO DO VENTO

O xoves na biblioteca tivemos un obradoiro de contos e debuxos baseado no libro de "Polo correo do vento", o poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María.
Enrique Mauricio relatou o conto  e Carlos Taboada fixo unha ilustración mural vinculada ao texto.





Para rematar, coas directrices de Carlos Taboada, as nenas e nenos dibuxaron a Manuel María. 

                                    

ONDE VIVIU E MORREU CHARLES CHAPLIN?

Seguimos aprendendo cousas de Charlie.
Sabemos que naceu en Londres pero despois viviu en Nueva York, en Paris e tamén en Suiza.





A CASIÑA

O xoves tivemos unha grata sorpresa porque o papá da profe
Mª José veu o cole e  regalounos esta casiña para xogar con ela.
Ademais aprendemos que e bo reciclar porque foi atopada nun contenedor para tirar e despois de ser reparada e pintada volveu a ter unha nova vida.
Que divertido é xogar as casiñas!!! 






miércoles, 9 de noviembre de 2016

CINE: CHARLIE CHAPLIN

Este curso a biblioteca escolar ten por lema: Biblioteca Escolar territorio das artes.
E como o cine é un arte xa facía tempo que queríamos traballalo.
Despois de ter visto alguns cortos sobre Charles Chaplin, decidimos investigar sobre él.
Primeiramente estamos a querer saber quen  é Charlot pero pouco a pouco vos iremos contando.
Para saber mais deste actor e director fixemos unha nota para levar a casa e poder traer algunha información.
Xa temos bastante recollido e agora estamos no proceso de Queremos saber: Quen é , onde naceu, cantas pelis fixo...?










Mentras tanto visionamos tamén algún corto como este :


PINTAR TODOS IGUAL ...QUE DIFICIL!!!

Onte quixemos facer unha actividade por equipos para comprobar si é ou non difícil chegar a acordos entre todos.
Tódolos nenos de cada equipo: Vampiros, Nemos, Panorama,  Dragones escupe fuego, Dinosaurios e Invizimals tiñan que pintar a pelota grande coas mesmas cores nun tempo marcado.
Pensamos que ía ser moi fácil pero o final resultou ser mais complicado do que parecía e  só o equipo dos vampiros foron capaces de facelo.







martes, 1 de noviembre de 2016

SAMAÍN

Coa chegada do Samaín non só quixemos disfrazarnos, 




Decorar cabazas  

Ver cine de medo


ou  inventar monstruos


Ademais  aprendemos adiviñas terroríficas.






XOGUETES NOVOS

Os nenos de Infantil queremos agradecer a ANPA  a compra de xoguetes novos para xogar no recreo.
Pasámolo xenial!!!

HORARIO DE CLASE

Dende fai unhas semanas estivemos a elaborar un horario de clase coa intención de levalo para as casas e saber así cales son as actividades e especialidades diarias,  e por fín xa está rematado.
Mirade que ben quedou!!!