lunes, 30 de mayo de 2016

COCIÑA E ALIMENTOS

COMO XA SABEDES, AS VETERANAS E VETERANOS DE INFANTIL SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS ARREDOR DO ÚLTIMO PROXECTO NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO E QUE CASE INICIAMOS COA SAÍDA AOS MUÍÑOS DA BAROSA...


NENOS E NENAS DE 1º EXPLICAN SOBRE A PIRÁMIDE DE ALIMENTOS
EXPLICACIÓN E PLANO DOS EQUIPOS DE TRABALLO



CADA EQUIPO TEN UNHA LÁMINA DUNHA TENDA E TEN QUE FORMAR NOMES DE ALIMENTOS COAS LETRAS MÓVILES...





                   ...E DESPOIS, NUN FOLIO CADA UN ESCRIBE UN NOME DUN ALIMENTO QUE SE POIDA MERCAR NESA TENDA!!!!




                                   OS ENCARGADOS DOS EQUIPOS  EXPLICAN A TODOS OS RESULTADOS...




jueves, 12 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Como xa está a chegar o día das LETRAS GALEGAS, que xa sabemos que este ano está adicado a Manuel María estamos a traballar sobre él.
Son moitos os poemas que publicou adaptados para nenos.
Gústanos moito escoitalos e tamén recitalos.
Ademais gústanos especialmente o conto "O bigote de mimï"
                       

                  CLICAR AQUÍ MANUEL MARIA 1







Pero ademáis de aprender cousiñas de Manuel María tamén estamos a coñecer algo da vida de VALENTÍN LAMAS CARVAJAL, UN POETA do rexurdimento,  porque o venres 19 de Maio,  os nenos de infantil teremos que animar unha das carrilanas que están a facer os nenos de 6º para festexar cunha carreira non só a Manuel María senón tamén a Castelao, Rosalía, Curros Enriquez, Eduardo Pondal e Valentín Lamas.





domingo, 8 de mayo de 2016

AS PLANTAS E A HORTA

Neste trimestre estamos a traballar coas plantas porque o curso pasado cando estivemos no cole JUAN XXIII ensináronnos a facelo e este ano  coa chegada da primavera apetécenos moito repetir a experiencia.
Cada equipo decidiu cal eran as plantas que querían plantar na súa maceta e despois de facer a compra de todo o necesario: terra, abono, macetas, flores e plantas de comer...
Puxemos os guantes e con moita emoción plantamos.
1º  Botamos a terra nas macetas
2º  Mezclamos o abono coa terra
3º Fixemos un buraco para as plantas
4º Regamos
Agora só temos que esperar a que pase o tempo e ver cómo medra a nosa plantacion

sábado, 7 de mayo de 2016

MUÍÑOS DA BAROSA


O MÉRCORES 4 DE MAIO FIXEMOS UNHA SAÍDA SUPERCHULA...!!! XA QUE ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A COCIÑA E OS ALIMENTOS, QUIXEMOS SABER CÓMO OS NOSOS AVÓS E BISAVÓS OBTIÑAN FARIÑA PARA ELABORAR O PAN, EMPANADAS, OU DAR DE COMER TAMÉN AOS ANIMAIS!!


MOE NOS EXPLICA AS DISTINTAS SEMENTES E FARIÑAS
MERENDANDO DESPOIS DE HABER VISITADO ALGÚNS MUÍÑOS E ANTES DE "METER AS MANS NA MASA"....







... E PARA REMATAR A FERMOSA MAÑÁ, IMOS AO ESTANQUE DA CASCADA PARA BOTAR UN GRAN DE MILLO E PEDIR UN DESEXO Á FADA MANCHITAS (UNHA TROITA QUE QUEDA INMÓVIL CANDO A MIRAN) 
                                ESPEREMOS QUE SE CUMPLAN TODOS OS DESEXOS!!!!!