Estes días os nenos queremos dar as grazas a todos os papás e mamás que nos están axudando na elaboración de animais de outono con productos da natureza recollidos do voso entorno.
O día do Magosto foi un día divertido grazas o profe José Luis e aos nenos de 6º de primaria que nos explicaron e axudaron con todos os xogos que había no patio.
Pero non só o pasamos ben xogando senón que ademáis comemos ricas e quentiñas castañas.
Coa chegada do samaín quixemos desfacernos do medo ás arañas comendo unha araña. Pero como non estamos toliños decidimos facela con galletas, regaliz e lacasitos. Primeiro cortamos as patas
Despois colocamos cada unha no seu sitio e xuntamos as duas partes da galleta oreo
Finalmente puxemos os ollos con dous lacasitos brancos e para rematar adornamos con xirope de fresa e de chocolate