domingo, 27 de septiembre de 2015

REALIZAMOS MESTURAS

Qué é mesturar?
Qué pasa se mesturamos diferentes elementos con auga?
Agora que xa temos equipos imos facer cada equipo unha mestura e comprobar qué pasa.
Como somos 5 equipos, unha mestura fixémola con auga e sal, outra con auga e cola cao, outra  con auga e fabas, outra  con auga e moedas e a última con auga e xabón líquido.
Primeiro os nenos formularon unha hipótese e despois comprobaron si sucedía o que eles pensaran.
Non todos acertaron pero foi moi divertido.


SAÍDA DE OUTONO

Co inicio do Outono nada mellor que facer un paseo polo noso entorno e observar que está a pasar.
As follas caen e teñen outras cores e non tódolos arbores quedan sen follas.






viernes, 18 de septiembre de 2015

EXPERIMENTANDO COA AUGA: FLOTABILIDADE

Este curso queremos traballar cos experimentos e por eso decidimos facer equipos de traballo.
Queremos saber que cousas flotan e cales se afunden.
Cunha tesoiras un  afía,  un euro,  unha  cortiza,  un pincel e un dado conseguimos comprobalo




Primeiro por equipos intentamos entre todos decidir cales eran os que flotaban e cales se afundían.


Representámolo en dous folios e despois cunha tina chea de auga e introducindo os obxectos puidemos observar que era o que sucedía 
As hipótesis de traballo foroon distintas e só un equipo conseguiu acertar.
É divertido xogar cos experimentos e seguirémolo facendo.






domingo, 13 de septiembre de 2015

BENVIDOS DE NOVO O COLE

O curso empezou e nós xa estamos outra vez no cole preparados para pasalo ben e disfrutar dos nosos amigos.
Nestes dous días estivemos recordando as normas e ademais pintamos, recortamos, xogamos coa casita cos disfraces e no patio.
Imos ter dúas amiguiñas novas pero todavia necesitan algún tempo 
para adaptarse. Desexamos que o fagan pronto



http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d24965810k5280168o1l1/benvidos-o-cole