martes, 26 de mayo de 2015

DÍA DA CIENCIA

Hoxe día 26 de maio festexamos o "Día da Ciencia".
Todos os experimentos xiraron arredor da LUZ, e grazas os nosos científicos locos experimentamos con:

  1. CASCADA DE LUZ.
  2. OS CORPOS E A LUZ.
  3. PERISCOPIO.
  4. AS SOMBRAS.
  5. CALEIDOSCOPIO.
  6. LENTE AUMENTO PECEIRA.

domingo, 24 de mayo de 2015

MEDRAN E MEDRAN

As plantas que trouxemos do cole Juan XXIII medraron e medraron e xa é tempo de recolleita.
Imos deixar algúns días máis as fresas e os puerros, pero mirade que zanahorias tan orixinais temos xa e que ben o pasamos. 





lunes, 18 de mayo de 2015

PUZZLES COAS FOTOS DA NOSA FAMILIA

A todos os nenos lle gustan os puzzles.
¿Por qué non facer puzzles coas fotos das nosas familias e despois poder xogar con eles?
A partir desta idea, decidimos fotocopia, cortar,  plastificar e finalmente montar.
¡QUE DIVERTIDO ESTÁ SENDO!









sábado, 16 de mayo de 2015

DÍA DA FAMILIA

Unha familia está formada por persoas que viven xuntas , se queren e se cuidan.
Para celebrar o día da familia pensamos entre todos que o mellor sería saber como son as nosas familias.
Cada neno foi enseñando os seus compañeiros a foto da sua familia e contou como se chamaban e quen era cada un deles.




Ademais de explicar que era o que máis lle gustaba facer en familia:
-xogar con papá
-preparar unha pizza con mamá 
-ir a praia todos xuntos...
Cando terminaron a presentación , xogamos a formar familias e escenificaron situacións normais :
 Comer xuntos, levar os nenos o colexio, ver unha peli, ir a compra...



Non só o pasamos ben senón que ademáis preparamos unha tarxeta para levar a casa como regalo , fixemos o dibuxo da nosa familia e aprendemos que existen moitos tipos de familias diferentes vendo este vídeo.










¡FELIZ DÍA DA FAMILIA!

jueves, 14 de mayo de 2015

CÓMO NACEN OS BEBÉS?

Como punto de partida do proxecto que as aulas de 5 anos imos adicar ó corpo, viñeron ó cole unhas expertas da asociación "El cuerpo es nuestro" a explicarnos todo o fermoso proceso do embarazo e nacemento dos bebés.
Queremos agradecer a Natalia (mamá de Ángela) esta experiencia tan enriquecedora para os cativ@s.





miércoles, 13 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Xosé Filgueira Valverde.
Xa sabemos cómo se escribe o seu nome, cómo se chamaban os seus pais, que estudou, onde viviu...
Xogamos co LIM proposto polo seminario GALAN e para seguir facendoo dende as casas aquí queda o enlace.
Premer aquí.







Ademáis estamos a facer un bonito marcapáxinas que levaremos para casa e un puzzle coa súa cara.

CONTACONTOS (Papá de Aroa, mamá de María e mamá de Erik))





VISITA Á PRAZA DE ABASTOS






O xoves 7 de maio fomos de visita á praza de Abastos de Pontevedra. Puidemos ver moi de cerca todos os postos que alí hai: os de peixe, os das flores, as carnicerías e máis os postos de froita e verdura. 
Que boa pinta tiña todo e que bonita é a nosa Praza de Pontevedra!!!!!!!

viernes, 1 de mayo de 2015

REVOLTO DE ESPINACAS E ACELGAS

Primeiro plantamos, despois  recollemos e finalmente cociñamos cos productos da horta do noso cole amigo Juan XXIII.
¡Que ben o pasamos e que rico estaba todo!