Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o título "da ciencia á ficción" o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Para consultar o programa de actividades podedes facer Clicaquí.
Hoxe rematou o entroido no noso cole. Nenos e maiores despedímonos de Cabanón. Despois de recitar as coplas queimámolo e fixemos unhna festa rachada con baile incluido.
Xa sabedes que estamos aprendendo algunhas cousiñas do sistema solar. A través de contos, libros, vídeos... sabemos que son 8 planetas que xiran arredor do sol, e que éste permanece quieto mentras os planetas se moven.
Tamén sabemos xa os nomes dos planetas e algunhas características:
que a Terra é o terceiro planeta, que Mercurio é o que máis cerca está do sol e é o máis pequeno ou que Xúpiter é o máis grande... Quen é Galileo e que fixo co seu telescopio.
Xa está a piques de chegar o entroido e con el a troula, os disfraces, as comidas típicas... Para empezar a pasalo ben: O Luns empezamos o entroido e unha garabata me poño. Nenos e nenas xa sabedes mañá de garabataaaaaaaaaaaa
E se non tedes, aquí vos queda este vídeo para aprender a facer unha.
Na aula de 4 anos fixeron uns graciosos bonecos de neve. Sería máis divertido podelos facer con neve de verdade pero un inverno máis en Salcedo non caeu nin un copiño.
Os maiores de infantil xa rematamos o proxecto dos camelos. Así que metémonos a explorar o fabuloso e impresionante SISTEMA SOLAR.
Aquí podedes ver o recuncho que adicamos na aula ó tema.
Primeiro estivemos traballando sobre que saben os nenos e nenas acerca do tema, e a continuación estivemos facendo uns pequenos murais cos 8 planetas que xiran arredor do sol.
Aínda que anunciaban moita pero que moita neve, ó noso cole chegou o sol iso sí con friiiiiiio así que aproveitamos este bo día para estrear os xoguetes e a caseta que nos regalaron a AMPA saínte.
Os nenos e nenas estaban ilusionadísimos e disfrutaron un montón cos xoguetes.
Aquí temos unha pequena mostra do patio.
Moitas grazas as mamás e papás por estos agasallos tan especiais para os pequenos e pequenas do cole.
Este ano homenaxeamos a Caddy Adzuba. É unha muller moi loitadora e defensora das mulleres. Ademais cantamos á paz coa profe Esther de Inglés e vimos o noso video. Que ben o pasamos!