lunes, 23 de junio de 2014

BLANCANIEVES Y LOS 14 ENANITOS

O venres, 20 de xuño foi un día importante para os nenos de 6º de Infantil xa que remataron unha etapa importante da sua escolarización.
Ademais puideron por fin representar a obra de teatro que levaban días preparando.
Aquí vos deixamos o video para que disfrutedes con eles.
As profes Susi e Mª Jose queren dar as gracias a profe Maria pola sua gran axuda e traballo  de dirección  e tamén a mamá de Alicia pola grabación do video.

martes, 17 de junio de 2014

ANIMAIS DA SABANA

Como se dun conto se tratase, o proxecto que nos levou a coñecer Kenia e os animais que a habitan chega ó seu fin, así que as aulas de infantil imos dicir: "COLORÍN COLORADO ESTE PROXECTO ESTÁ REMATADO". 
Estas son as fermosas portadas dos animais máis simpáticos e divertidos da SABANA AFRICANA!!!!

FESTA DOS CUMPLES 3º TRIMESTRE

A tres días do remate das clases deste curso 2013-14 organizamos unha gran festa para celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron ou cumpliran anos neste 3º trimestre. A todos eles e elas PARABÉNS!!!!!!!!!!!

sábado, 14 de junio de 2014

AS COPAS DOS CAMPEÓNS

O  Venres, Izán, David, Nabil, Esteban e Pablo trouxeron moi orgullosos ao cole dúas copas que gañaron na liga de football co seu equipo deportivo Salcedo.
Mirade que guapos e felices se sentiron de poder mostrar os seus triunfos.

                                         ¡VIVA O EQUIPO DEPORTIVO SALCEDO!

                      

                      

jueves, 12 de junio de 2014

1º PREMIO PONTECIENCIA

Pataquiña  e os nenos de Infantil temos  o pracer de felicitar os nenos de 6º de primaria por ter gañado o 1º premio Ponteciencia na modalidade de centros escolares 


 MOITAS FELICIDADES !!!!!!

martes, 10 de junio de 2014

MARUXA E PEPIÑO FAN O PAN

Como resultado dos traballos xa feitos dos "MUÍÑOS" e do "PAN" xurdiu este simpático e fabuloso vídeo. Esperamos sexa do voso agrado!!!!!!!

jueves, 5 de junio de 2014

PONTENCIENCIA



O ALUMNADO DE 6º DO CEIP DE CABANAS VAI A PARTICIPAR NA (premer aquí) FEIRA DA CIENCIA.

ESTAREMOS  NA FACULTADE DE FORESTAIS O SÁBADO POLA MAÑÁ.

ANIMADEVOS A VIR E COÑECER O NOSO STAND !!!!


lunes, 2 de junio de 2014

DIVERTÍMONOS COS ANIMAIS DA SABANA

Outra maneira de aprender cousas dos animais é escoitar cancións, ver películas, contos ou xogar con actividades onde os animais que estamos a traballar na aula sexan os protagonistas, aquí tedes algunha desas alternativas para que os nenos e nenas poidan divertirse a través do blog.

Canción: "Para dormir a un elefante"



Corto de Disney: "León cordero Lambert


Canción de Contos en canto: "Mariluz Avestruz"



                                  

Canción : "La jirafa resfriada"



Escoita e xoga coas cebras