sábado, 31 de mayo de 2014

OS ANIMAIS DA SABANA

KARIBU KENIA (benvidos a Kenia) foi o lema para invitar os nenos e nenas a coñecer este país africano, neste 3º trimestre de curso estamos aprendendo moitas cousas dos animais da Sabana. Esperamos que vos guste!!!!!
Powered by Issuu
Publish for Free

viernes, 23 de mayo de 2014

SAÍDA O TEATRO

Hoxe pola mañá os nenos de 4 e 5 anos visitamos Caixa Nova  para ir ver a obra de teatro "Lume".
Nun bosque algo fixo ladrar un can...Unha lapa ía provocar un incendio. O can chamou a vaca, a vaca o cervo, o cervo a xabalina a landra e él avisou a araña. A araña veu o erizo e o sapo alertou a garza...E todos xuntos crearon un plan para apagar o lume. Nesta proposta innovadora de teatro, duas titiriteiras recrean un bosque para contar esta historia utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.





martes, 20 de mayo de 2014

PAN DE MILLO

E para disfrutar dun rico bocata de pan, nada mellor que escoitar a divertida canción de "PAN DE MILLO" do grupo Migallas

VISITA Á PANADARÍA

Os nenos e nenas das aulas de 4 anos fomos de visita á Panadaría San Pedro de Tomeza. Alí os panadeiros ensináronnos todo o proceso para a fabricación do PAN
Unha das cousas das que máis disfrutaron @s nen@s foi amasar e enfariñarse como o lobo no conto dos cabritiños.
E por suposto despois de tanto traballo............... unha merecida merendola que nos prepararon Víctor e Carlos. Grazas un ano máis polo ben que nos trataron.












sábado, 10 de mayo de 2014

O NENO E A ESTRELA

Buscando e buscando descubrimos que o neno protagonista  deste conto " O neno e a estrela" é Xosé María Díaz Castro que  atopa unha estrela e vaina devolver ó seu lugar.
Algún nenos xa saben ler un pouquiño e poden facelo soiños , e os que non saben,  as mamás e papás podedes  leer para eles.
Seguro que lles vai gustar


Leer aquí


viernes, 9 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS ( XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO)

O día 17 de Maio é o día das letras galegas e este ano imos homenaxear a  Xosé María Díaz Castro. Estamos a investigar e queremos saber quén é e a  qué se adicaba.
Con este LIM poderemos averiguar algunhas cousas da sua vida e tamén da súa obra poética.


Premer aquí Xosé María