domingo, 30 de marzo de 2014

OS MUIÑOS

A semana rematou coa saída os Muiños.
O noso amigo Ramón, o avó de Carla, estivo con nós explicando e axudando  en todo o proceso de traballo.
Nun dos muiños  estivemos debullando e vendo como se facía a fariña.













VISITA A POLICIA LOCAL

O Xoves, 27 de Marzo, os nenos de 5 anos visitamos as instalacións da policía local.
Un dos policías foi o encargado de ensinarnos como era o seu traballo e de acompañarnos na nosa visita.
Gustounos moito e aprendemos consellos moi interesantes.










Uns días antes da visita estivemos traballando os consellos máis interesantes e vendo e lendo o libro 
"Os bolechas queren saber como é a policía local" 

                                                     

lunes, 24 de marzo de 2014

REMATANDO KENIA

Xa sabemos onde está Kenia, como é a sua bandeira, o idioma que se fala en Kenia, a moeda, quen son os masais...
Mirade que ben nos quedaron as exposicións e o noso libro do proxecto.






LIBRO DO PROXECTO



CAL SERÁ O NOVO PAÍS QUE IREMOS A COÑECER CON FÉLIX?

SEMANA DA POESÍA

O 21 de marzo coa chegada da primavera celébrase o día mundial da poesía.
A UNESCO, proclamou este día para homenaxear ás persoas que só coa palabra como ferramenta, intentan mellorar o mundo.
Esta semana no tempo de lectura a poesía foi a protagonista.
Máis concretamente os ditos e recitados.






O que queira aprender algunha outra, pode facelo neste enlace. Premer aquí  ORELLA PENDELLA



jueves, 13 de marzo de 2014

SALÓN DO LIBRO




O vindeiro venres día 14 será a inauguración do salón do libro. 
O programa cos horarios está colgado na web oficial do salón do libro. Podedes velo clicando aquí:
PROGRAMA DO SALON DO LIBRO


domingo, 9 de marzo de 2014

ESCOLLEMOS O NOSO DISFRAZ

As profes decidimos ir de hawaianas e os nenos e nenas de piratas, bombeiros, raíñas, policías, supermáns...







Pasámolo moi ben!!!


A QUEIMA DO CABANÓN



Cabanón é unha persoaxe que nos visita todos os anos polo tempo do entroido.
A él culpabilizámolo de todo o que non nos gustou durante o curso e finalmente queimámolo.
Aquí vos deixamos as nosas coplas:

CULPÁMOSTE CABANÓN PORQUE ERES UN CHORÓN
CULPÁMOSTE CABANÓN POR ROMPER XOGUETES A MOGOLLÓN
CULPÁMOSTE CABANÓN POLOS VENTOS A MOGOLLÓN
CULPÁMOSTE CABANÓN POLAS CHUVIAS A MOGOLLÓN
CULPÁSMOSTE CABANÓN POR NON DEIXARNOS XOGAR CO BALÓN


Houbo quen chorou por él. Adiviñade quén foi?