viernes, 28 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

Aquí tendes o videoclip da canción "Jambo Masais" para que disfrutedes cantando e bailando cos vosos fillos:


E por si queredes escoitar ou descargar só a música:

jueves, 27 de febrero de 2014

ONDA CERO

A vindeira semana imos sair en antena contando as nosas cousiñas: O proxecto de Kenia, a canción "Jambo Masais", a celebración da Paz en honor a Mandela, a canción de "Amiguiños todos";  porque a radio ONDA CERO veu ó cole para grabarnos. Foi unha experiencia moi divertida!
Estade todos atentos a partir do vindeiro Luns a partir das 11:50 da mañá e durante toda a semana, se queredes escoitarnos.





PISANDO UVAS

A partir do 14 de Marzo e ata o 5 de Abril  estará aberto O Salón do Libro 2014.
Todos os coles estamos invitados e os nenos de Cabanas imos participar.
Para elo elaboramos un conto que chamamos "Pisando uvas"
Esta é a sua portada, pero pronto volo imos presentar.

lunes, 24 de febrero de 2014

COLARES MASAIS

Falta pouco para que chegue a festa do entroido.
Estamos moi emocionados!
Estes días estamos moi ocupados nos últimos preparativos  e un deles e a elaboración dos colares masais.
Mirade que ben nos están quedando e canta cor.






Pero non só estivemos pintando. Ademais aproveitamos para escoitar un bonito CD de música africana

Premer aquí (Canciones infantiles y nanas del baobab )


Premer aquí musica (Canciones infantiles y nanas del baobab)


Premer aquí mais música africana ( Africa is a beautiful)


DISFRAZO O MEU BONECO

Que ben e canto traballaron os nenos nas súas casas coas familias para disfrazar o seus bonecos.
Estes son os resultados de tanta creatividade...






lunes, 17 de febrero de 2014

XOGANDO COS MASAIS


Levamos xa un tempo traballando cos Masais e sabemos moitas cousas que nos interesan pero agora imos a xogarrrrrrrrrrrrrrrrrrrr con eles.



XOGANDO,  APRENDEMOS...

domingo, 16 de febrero de 2014

NOTICIA DEPORTIVA

O Venres, repasando os  periódicos da semana atopamos unha noticia "curiosa ".
O irmá da profe Mª José saía no periódico. Que ben!!!
Os nenos ó vela preguntaron: profe, escribimos esta noticia?
E así o fixeron.
O deporte é importantísimo para sentirse ben e para fortalecernos tanto física como mentalmente.
O piragüismo non é un deporte de masas,  pero os  nenos quixeron darlle o protagonismo que se merece.
Moito ánimo a tódolos deportistase e  un saúdo especial para Álvaro. (Premer aquí)







 ESPERAMOS QUE CONSIGAS OS TEUS OBXECTIVOS !!!

jueves, 6 de febrero de 2014

O DÍA DA PAZ CON MANDELA

O día 30 celebramos o día da paz.
Agora que xa sabemos máis cousas de África e de Kenia , tamén sabemos que hai un home que se chama Nelson Mandela e que recibiu o premio Nobel da Paz no ano 1993 por loitar pola paz e a liberdade.
Ademáis pensaba cousas tan interesantes coma estas:

"A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo"

"Os valentes que desexen conseguir a paz non terán medo a perdoar"










O MAGO IVÁN

Fai poucos días tivemos a visita do gran mago Ivan, un neno de 5 anos, que nos impresionou coa sua maxia. Se queredes facer algún dos seus trucos podedes ir aquí