miércoles, 24 de diciembre de 2014

CAMPANADAS 2014

Que ben o pasamos!
Antes de que chegue o fín de ano, os nenos de Cabanas celebramos unha festa moi particular.
Foi unha mañá moi divertida, chea de encanto e de bailoteo.







FELICITACIÓN DE NADAL 2014


Como todos os anos os nenos de Infantil e Primaria participan no concurso de felicitacións do cole e este ano un dos debuxos gañadores foi o de Irene de 6º de Educación Infantil.
Moitas felicidades!!





jueves, 18 de diciembre de 2014

CANCIÓN DE CUMPLES

Para seguir coa festa a disfrutar coa canción de cumpleanos dos Pitufos. 
Felicidades a tod@s!!!!!


CUMPLES DECEMBRO 2014

Hoxe celebramos a festa dos cumples, homenaxeando os nenos e nenas que cumpliron anos nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Apagaron as velas, comeron tarta e rosca e por último tivemos baile, baile e moooooito baile!!! Ahí van unhas simpáticas fotos da celebración.













domingo, 14 de diciembre de 2014

RODOLFO EL RENO

Faltan poucos días para celebrar a festa das campanadas e estamos xa un pouco nervosos.
Mentres tanto estamos a preparar unha panxoliña que esperamos que vos guste un montón.
Rodolfo el reno.
Podedes ir practicando.

jueves, 11 de diciembre de 2014

ÁRBORE DE NADAL

As aulas de infantil convertéronse en improvisadas cociñas para preparar unha divertida receita de nadal: "A árbore de nadal"

Primeiro preparamos a receita no papel e despois puxémonos mans á obra...











Para a elaboración desta receita precisamos os seguintes ingredientes:

  1. 1 rebanda de pan de molde cortada en forma de abeto.
  2. lacasitos
  3. nocilla
Ten unha preparación moi sinxela que podedes repetir na casa calquera tarde de merendola ou tamén podedes cambiar os ingredientes para facer distintas árbores.
Animádevos durante as vacacións.







lunes, 8 de diciembre de 2014

O NADAL CHEGA A CABANAS

Xa chega o nadal!
Seguramente que en moitas casas estades a preparar o Nadal.
Poñer   a árbore e unha das cousas que máis gusta facer.
Se alguén quere,  pode tamén adornar esta árbore e practicar un pouco.
Clicar en ÁRBORE 


PARA SEGUIR XOGANDO CON OUTROS RECURSOS: PANXOLIÑAS, CONTOS, OU LIMs 
ESTADES INVITADOS POR PATAQUIÑA NO SEU BLOG DE BIBLIOTECA SEGUINDO ESTE ENLACE

domingo, 7 de diciembre de 2014

LA VOZ DE LA ESCUELA

Os mércores chega o cole LA VOZ DE GALICIA e con el un suplemento LA VOZ DE LA ESCUELA .
Os nenos de 3 anos seguimos traballando co xornal y esta vez atopamos unha noticia que nos dou moito que falar: O banco de alimentos.



Ademais neste xornal viña un artigo moi interesante para as mamás e os papás. Fala da importancia de ler o xornal nas casa e fai algunhas  recomendacións.


                                              

jueves, 27 de noviembre de 2014

EXCURSIÓN OS MUÍÑOS DE SALCEDO

O mércores 26 os nenos e nenas de 5 anos fomos de excursión os Muíños de Salcedo











O señor Ramón avó de Carla de 1ºA, ensinounos a debullar as mazarocas de millo

Unha vez que debullamos, levamos o gran ó muíño e ensináronnos como se moe grazas á forza da auga.



PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!!!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO, "NIN UN BIQUIÑO A FORZA"

Non todos os bicos son agradables e bos.
Con este conto, "Nin un biquiño a forza", os peques quixemos escenificar bicos 
agradables e bicos que non o son.
Aprender a decidir e decir non cando sexa necesario, ou pedir axuda a un adulto si é preciso.




sábado, 22 de noviembre de 2014

XOGOS DO MAGOSTO

Estes son algúns dos xogos cos que nos divertimos moito o venres.
Grazas  a todos os nenos e nenas de 6º de Primaria que fixeron de monitores axudándonos e ensinándonos  a xogar moi ben.