Menuda despedida de inverno e benvida da primavera!!!!.
No cole de Cabanas celebramos os aniversarios do segundo trimestre, como tivemos un tempo moooi revolto decidimos celebrar as festas nas aulas e por separado.
Así que aquí van as fotos dos nenos e nenas que neste segundo trimestre cumpliron 4, 5 e 6 anos.
FELICIDADES!!!!
jueves, 21 de marzo de 2013
martes, 19 de marzo de 2013
AS MÁQUINAS
Nas aulas de tres anos a Maquinaria púxose en marcha!!!!.
As (premer aquí) MÁQUINAS forman parte da nosa vida cotidiana, son obxectos que nos axudan a realizar as tarefas de xeito máis doado.
A través deste proxecto imos coñecer algunhas delas, realizar pequenas prácticas coas máquinas simples así como visualizar a través de contos, internet ou películas máquinas coñecidas e descoñecidas por os nenos/as.
jueves, 14 de marzo de 2013
DIA DA MULLER, MAMAS TRABALLADORAS
O día 8 de Marzo celebramos o día da "Muller traballadora". Os nenos de Infantil adicámoslle ese día as nais porque... qué muller hai máis traballadora cas súas mamás?
domingo, 10 de marzo de 2013
FÉLIX EN PARIS
O curso pasado os nenos de
infantil tivemos o gusto de coñecer a Félix.
Félix é una pequena
lebre moi bonita que vive en Alemania coa súa dona chamada Sofía.
Sofía ten tres irmáns: Julio, Nicolás e Lena, un papá e a
súa mamá.
Nunha ocasión cando Sofia regresa
dunha viaxe coa súa familia, perde a Félix e ponse moi triste. Ten que regresar a súa casa e cústalle
moito a separación do seu peluche, pero un día recibe unha carta e nela Félix cóntalle a Sofia que él está en Londres, e despois reciben outra dende Exipto.
Nas dúas ocasióné aproveitamos a viaxe de Félix para coñecer Londres e Exipto.
Pero agora a carta cheganos de París,
e por eso estamos a
investigar e coñecer cousas desta cidade e o país onde está situada.
Xa
descubrimos que alí fálase francés, pero queremos saber máis cousas.
Irémosvos contando as novas
que vaían acontecendo, pero gustaríanos que os papás nos axudedes a atopar
información de París nas vosas casas .
Mentres tanto pinchade aquí
para recordar a Félix e ver algúns dos sitios nos que xa estivo.
miércoles, 6 de marzo de 2013
ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE
Os nenos e nenas de 4 anos tamén celebraron os seus aniversarios cunha gran festa.
Aquí os vemos soplando as velas e posando para a foto moi sonrintes
ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE
Celebramos os aniversarios do primeiro trimestre con unha gran festa. Púxemonos as botas comendo unha rica tarta de chocolate e tamén rosca. Bailamos todos. FOI XENIAL!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)