sábado, 25 de abril de 2015

VISITAMOS A POLICÍA LOCAL

Os nenos e nenas de 5 anos fomos de visita á Policía Local. Richar foi o policía que nos ensinou as instalacións, os vehículos, a roupa e os obxectos que levan os policías para AXUDAR  a todas as persoas que en algún momento o precisan.
Tamén puidemos observar dende as pantallas de tráfico as rúas da cidade de Pontevedra, déronnos un consello para os papis e mamis:..."atención papis e mamis tedes que conducir con precaución, e non cometer ningunha imprudencia porque dende as cámaras vixían todo todo..."



No hay comentarios: