lunes, 23 de marzo de 2015

SEMANA DO CINE

Durante a pasada semana, os nenos e nenas de 5 anos estivemos preparando unha actividade moi entretida e educativa que rematou o xoves 19 con unha sesión de cine no cole.












Tivemos unha asamblea donde falamos das normas de comportamento en diferentes lugares: no cine, na aula, no patio, ..... 
A partir desa asamblea decidimos que según nos fosemos comportando día a día na aula, no patio, cos demáis compañeir@s, profes... íamos gañando unhas moedas de 1euro coa finalidade de xuntar 6 e poder mercar a entrada do cine. 
Cada neno e nena foi gardando as moedas no seu "sobre moedeiro" e as mestras rexistrábamos os euros gañados nun gran cadro. 













Chegou o día do cine, cada un acudiu á taquilla co seu moedeiro e tiñan que contar 6 moedas para mercar a entrada. Aqueles nen@s que non xuntaron as moedas nos puideron entrar ó cine.



Unha vez que pasamos pola taquilla, entramos á sala de cine para ticar a entrada e buscar a fila e a butaca correspondente na que nos tocaba sentar para disfrutar da película.
.
A sesión de cine foi moi divertida para tod@s e temos que dicir que estos nenos e nenas portáronse super ben, así que foron premiados con un vale para un bote de palomitas.  


Ademáis Lara trouxo unha máquina de palomitas á aula e foi moi divertido ver como se facían dos grans de millo. 
Dúas máquinas en marcha a facer palomitas: o microondas e a palomitera, enchemos o cole de olor de palomitas. Foi xenial!!!!!




Como en moitas películas, libros etc. hai un agradecemento especial, así que as titoras de 5 (Chus e Andrea) queremos agradecer os mestres José Luís, pola súa colaboración no apartado tecnolóxico, a profe Sabela, por traernos a peli e a profe María, por colaborar con nós durante toda a semana na posta en marcha da actividade. 
FIN

viernes, 20 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR

Xa sabemos moitas cousas do sol e da lúa pero ¿qué é unha eclipse solar?
Hoxe na prensa estivemos a ler a noticia de que Galicia será o mellor lugar da Península para observar a eclipse e temos que usar gafas homologadas para  evitar o  daño ocular.


Gustóunos moito aprender outra cousa máis, por eso aquí vos queda este vÍdeo que o explica moi ben todo.

viernes, 13 de marzo de 2015

CHEGADA DO HOME Á LÚA E O ESPACIO

Dende fai algunhas décadas homes e mulleres traballlan para conquistar o espacio, investigar e descubrir cousas novas do Sistema Solar.
Aquí vai un exemplo dos primeiros pasos na chegada dos astronautas á lúa.

ASTRONAUTAS EN CABANAS

Aprendemos moitas cousas do Universo hoxe coñecemos os primeiros astronautas en viaxar polo espacio e ademáis construímos astronautas en plastilina e tamén nos dibuxamos flotando polo espacio exterior.















domingo, 8 de marzo de 2015

PLANTAMOS

O Venres, día 6, os nenos de 3 anos fixemos a nosa primeira saída.
As profes do cole Juan XXIII  invitáronnos a coñecer os seus nenos e a plantar.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora para todos nós.
Plantamos; zanahorias, leitugas, puerros, fresas ...
Agora imos esperar a que medren e cando nazan os froitos imos ir a ver o resultado do traballo que fixemos entre todos.
Moitas grazas ó cole e especialmente as profe Isabel e Ana.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d18635900k8002999o1l1/plantamos

domingo, 1 de marzo de 2015