miércoles, 27 de febrero de 2013

RECORDANDO A ROSALIA

Os nenos de infantil quixemos recordar o aniversario dos 150 anos da publicación de “Cantares Gallegos”.
Para elo estivemos lendo y escoitando algúns  poemas dos libros para peques   que atopamos na biblioteca: "Parece unha Rosa" e "Adiós ríos, adios fontes."



Vente rapaza
Vente meniña
Vente lavar
no pilón da fontiña.

 





Pero non soio lemos, e escoitamos tamén escribimos:

lunes, 25 de febrero de 2013

SAIMOS NO DIARIO


A clase de catro anos B saíu na contraportada do Diario de Pontevedra,(24/02/2013).
O Xoves da semana pasada un fotógrafo do Diario veu visitar a escola para sacar unhas fotos e ir facendo así  un álbum do cole de Cabanas.
Esta vez tocoulle os nenos da profe Mª José  e  pronto irán aparecendo as demais clases.
Leede o pé de foto do editor, parece moi observador.
CEIP de Cabanas. A clase de catro anosB. Presentámosvos aos pequenos desta clase do CEIP Cabanas, en Salcedo. Estan moi riquiños cos seus mandilóns , aínda que hai algún que outro que optou por quitalo para posar na foto coa camiseta do Barca. Para non perder a noción do tempo, teñen na parede colocados os días da semana , ademais dunha morea de debuxos que fan que a aula sexa do máis fermosa.Pola imáxen tamén podemos imaxinar que esta semana os pequenos están escoitando música de Beethoven, tal e como aparece nun dos letreiros da parede .Foto:David Freire

domingo, 24 de febrero de 2013

sábado, 23 de febrero de 2013

VISITAMOS A BIBLIOTECA


A visita a biblioteca foi moi divertida porque fixemos unha das cousas que máis nos gustan.¿Sabedes cal é? Sí, sí …escoitar contos.
Y ademais non foi un conto calquera senon que tivemos a sorte de que fose Cocorico.
Recordade que é moi importante ter o carnet de biblioteca para poder disfrutar con tódolos contos e pelis que teñen alí.




FESTA DAS CAMPANADAS


¡Como pasa o tempo!... parece que foi onte e non é así. O último día antes das vacacións de nadal  tivemos una festa moi divertida “A festa das campanadas”
Xa sabemos que é algo tarde para que vexades estas fotos , pero pareceunos mellor facelo ainda que fose a destempo,  que non facelo.
Foi una festa "superguay" con moita alegría e na que en vez de uvas comemos lacasitos.
Como podedes observar, todos íamos moi elegantes.





jueves, 21 de febrero de 2013

POR FIN CHEGOU O ENTROIDO !!!

 Os nenos de Cabanas quixemos celebrar o Entroido e así o fixemos. 
Pasámolo moi ben, porque se hai algo que realmente nos gusta a todos son as festas.
Xa que estivemos traballando co proxecto de Joan Miró non se nos ocurreu nada mellor que ir disfrazados de pintores. Co noso gorro e a nosa paleta.
As mamás cociñaron para nós ricas filloas ,orellas e outras receitas, todas riquiiiiisimas.
Ó final nós cantamos a nosa canción para os papás.





TODOS XUNTOS IMOS CANTAR
XA CHEGOU O ENTROIDO
É TEMPO DE SALTAR E BRINCAR
TODOS DISFRAZADOS

SOMOS PINTORES
QUEREMOS PINTAR
BONITOS BODEGÓNS
ÁRBORES,  CASAS , NENOS OU FRORES
TODOS NOS SAE SUPERGUAY

COLLEDE AS CORES
PALETAS E PINCÉIS
IMOS TODOS A PINTAR
E SE NON QUEREDES
PORQUE NON SABEDES
NOS VOS IMOS A AXUDAR




lunes, 18 de febrero de 2013

Ahí vai un vídeo moi apropiado para o noso traballo coas froitas do inverno: Alex y el huerto mágico

A QUE SABE O INVERNO

O inverno tamén ten sabor. Ten o sabor de todos aqueles alimentos que medran durante a época invernal. Con tal motivo, decidimos organizar a festa das froitas de inverno.
Grazas ás froitas que cada un trouxemos poidemos probar diferentes zumes: Primeiro probamos o de limón, e xa veredes que caras. O segundo foi o de pomelo, que nos gustou un pouquiño mais. E o último foi o de laranxa que nos soubo xenial.
Tamén probamos piruletas de kiwi e diamantes de mandarina. Fixemos unha verdadeira cata de froitas. Toda unha exquisitez.

UN MERCADO NO COLE

A nosa profe foi ao mercado moi cediño e chegou á clase cargadiña cunha cesta chea de verduras (repolo, lombarda, coliflor, apio, alcachofa, acelgas, escarola...) e froitas do inverno (laranxa, mandarina, limón, pomelo, kiwi...).

Contounos como se chaman, como as podemos comer e deixounos tocalas e cheiralas un poquiño. Ay!! Non sabedes a famiña que nos entrou.

AS FROITAS DO INVERNO

Levamos tempo investigando, grazas aos materiais que trouxemos de casa, sobre qué froitas podemos tomar no inverno. Ocurríusenos debuxalas e facer con elas un mural. A ver que vos parece!

A QUE CHEIRA O INVERNO?

O inverno ten un olor especial. Nós tentamos descubrilo a través dun xogo onde tiñamos que adiviñar cos ollos tapados o que estabamos a cheirar.

Así descubrimos que hai plantas aromáticas que crecen no inverno coma o romero ou o tomillo. E, aínda que non as soubemos identificar, as nosas respostas foron moi curiosas: limón, flor, hierba, licor...


UNHA CAIXA CON SORPRESA

O inverno é unha estación do ano que podemos percibir cos todos os nosos sentidos (vista, tacto, olfato, gusto e oído). Para percibir o inverno a través do tacto, ocurríusenos esta actividade:

Un día apareceu na clase una caixa tapada cunha toalla, adiviñades o que contiña?

 

CHEGOU O INVERNO!!!

O 21 de decembro comezou unha nova estación: o inverno, e con el, unha morea de cousas que podemos aprender. Ahí vai un video sobre a chegada do inverno e que lles encanta aos nenos e nenas.