jueves, 26 de febrero de 2015

SALÓN DO LIBRO 2015

                                                         
Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o título "da ciencia á ficción" o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Para consultar o programa  de actividades podedes facer Clic aquí.

lunes, 23 de febrero de 2015

A DESPEDIDA DE CABANÓN

Hoxe rematou o entroido no noso cole.
Nenos e maiores despedímonos de Cabanón. Despois de recitar as coplas queimámolo e fixemos unhna festa rachada con baile incluido.






Ata o ano que vén Cabanón.

domingo, 22 de febrero de 2015

ADIVIÑO E ORDENO OS PLANETAS

Agora que xa sabemos cantos son os planetas e cómo se chaman, tamén podemos xogar a ORDENALOS E ADIVIÑALOS.
Que divertido!!!
Clicar aquí





MAIS COUSIÑAS DO SISTEMA SOLAR

Xa sabedes que estamos aprendendo algunhas cousiñas do sistema solar. A  través de contos, libros, vídeos... sabemos que son 8 planetas que xiran arredor do sol, e que éste permanece quieto mentras os planetas se moven.
Tamén sabemos xa os nomes dos planetas e algunhas características:
que a Terra é o terceiro planeta, que Mercurio é o que máis cerca está do sol e é o máis pequeno ou que Xúpiter é o máis grande...
Quen é Galileo e que fixo co seu telescopio.



Seguiremos aprendendo.

miércoles, 18 de febrero de 2015

ENTROIDO SOLAR

E o Venres chegamos ó Sistema Solar todos disfrazados.
Grazas ás familias pola vosa colaboración.
Estaban guapísimos.




ENTROIDO 2015

A semana do entroido foi moi divertida.
O Luns con garabata
O Martes con pixama
O Mércores con algo na cabeza 
E o Xoves todo xunto 
Mirade que pintaaaaaas



viernes, 13 de febrero de 2015

domingo, 8 de febrero de 2015

O ENTROIDO ESTÁ A CHEGAR

Xa está a piques de chegar o entroido e con el a troula, os disfraces, as comidas típicas...
Para empezar a pasalo ben:
O Luns empezamos o entroido 
e unha garabata me poño.
Nenos e nenas xa sabedes mañá de garabataaaaaaaaaaaa


E se  non tedes,  aquí vos queda este vídeo para aprender a facer unha.

sábado, 7 de febrero de 2015

BONECOS DE NEVE

Na aula de 4 anos fixeron uns graciosos bonecos de neve. Sería máis divertido podelos facer con neve de verdade pero un inverno máis en Salcedo non caeu nin un copiño.
Mirade que chulos quedaron!!!!!









TRABALLAMOS O SISTEMA SOLAR

Os maiores de infantil xa rematamos o proxecto dos camelos. Así que metémonos a explorar o fabuloso e impresionante SISTEMA SOLAR.
Aquí podedes ver o recuncho que adicamos na aula ó tema.

















Primeiro estivemos traballando sobre que saben os nenos e nenas acerca do tema, e a continuación estivemos facendo uns pequenos murais cos 8 planetas que xiran arredor do sol. 
Quedaron moi chulos, traballaron un montón.














miércoles, 4 de febrero de 2015

ESTRENANDO OS XOGUETES

Aínda que anunciaban moita pero que moita neve, ó noso cole chegou o sol iso sí con friiiiiiio así que aproveitamos este bo día para estrear os xoguetes e a caseta que nos regalaron a AMPA saínte.
Os nenos e nenas estaban ilusionadísimos e disfrutaron un montón cos xoguetes.
Aquí temos unha pequena mostra do patio.















Moitas grazas as mamás e papás por estos agasallos tan especiais para os pequenos e pequenas do cole.

martes, 3 de febrero de 2015

SER AMIGOS

 Todos os días na asamblea falamos do importante que é facer as cousas ben e portarse ben cos demais, por eso para recordalo cantamos esta canción .
Son uns artistazos!
Cantade tamén vos con eles.                  

                            


lunes, 2 de febrero de 2015

CADDY ADZUBA

Este ano homenaxeamos a Caddy Adzuba.              
É unha muller moi loitadora e defensora das mulleres.
Ademais cantamos á paz coa profe Esther de Inglés e vimos o noso video.
Que ben o pasamos!