lunes, 22 de abril de 2013

O EURO FRANCES



               




Dende que Félix está en Francia non deixamos de aprender cousas novas.
Sabemos que no noso pais para mercar necesitamos euros. Temos euros en billete e tamén euros en moeda pero... ¿que moeda necesitaremos para mercar en Francia?.
Houbo algún neno que pensou que se facía con dólares.
¿Será verdade que a moeda francesa é o dólar?
Non, non...Pois entón, ¿cal é?
Como sempre que non coñecemos algo intentamos entre todos averigualo, e así foi como descubrimos que en Francia existen tamén os euros. Temos billetes iguais, pero as moedas son diferentes. Xogamos a ver as diferencias  e agora xa sabemos que nas nosas moedas  aparece o noso rei e que  en Francia non teñen rei. ¿Por que será? Esa é unha nova pregunta para seguir investigando.

No hay comentarios: