lunes, 25 de febrero de 2013

SAIMOS NO DIARIO


A clase de catro anos B saíu na contraportada do Diario de Pontevedra,(24/02/2013).
O Xoves da semana pasada un fotógrafo do Diario veu visitar a escola para sacar unhas fotos e ir facendo así  un álbum do cole de Cabanas.
Esta vez tocoulle os nenos da profe Mª José  e  pronto irán aparecendo as demais clases.
Leede o pé de foto do editor, parece moi observador.
CEIP de Cabanas. A clase de catro anosB. Presentámosvos aos pequenos desta clase do CEIP Cabanas, en Salcedo. Estan moi riquiños cos seus mandilóns , aínda que hai algún que outro que optou por quitalo para posar na foto coa camiseta do Barca. Para non perder a noción do tempo, teñen na parede colocados os días da semana , ademais dunha morea de debuxos que fan que a aula sexa do máis fermosa.Pola imáxen tamén podemos imaxinar que esta semana os pequenos están escoitando música de Beethoven, tal e como aparece nun dos letreiros da parede .Foto:David Freire

No hay comentarios: